Condado de Santa Marta de Babío

O condado de Santa Marta de Babío é un título nobiliario galego outorgado polo rei Afonso XIII o 15 de marzo de 1924. Recibe o seu nome do antigo señorío xurisdicional de Santa María de Babío (Bergondo), feudo da familia Taboada que, por matrimonio, pasara ao conde de Fontao no século XIX.

Condado de Santa Marta de Babío
Corona de conde.svg
Primeiro titularAlfredo Moreno Osorio
ConcesiónAfonso XIII
15 de marzo de 1924
Actual titularRafael Moreno Benjumea

O seu primeiro titular foi o enxeñeiro de camiños Alfredo Moreno Osorio, fillo de Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, III conde de Fontao, e de Dolores Osorio Chacón.

Titular Período
Creación por Afonso XIII de España
I Alfredo Moreno Osorio 1924 - 1932
II José Moreno Torres 1946 - 1983
III Rafael Moreno Benjumea 1984 - actualidade

XenealoxíaEditar

Alfredo Moreno Osorio, enxeñeiro de camiños, fundador do gabinete madrileño de enxeñaría Mengemor. Casou con Carmen Torres Calderón, e sucedeuno o seu fillo:

José Moreno Torres, alcalde de Madrid. Casou con Isabel Benjumea Heredia, filla do conde de Guadalhorce. Sucedeuno o seu fillo:

Rafael Moreno Benjumea, casado con Ana María Mazarredo Chapa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.