Concurso de comida

Os concursos de comida ou competicións de comida son eventos organizados cuxo obxectivo é que os participantes inxiran grandes cantidades de comida nun determinado intervalo de tempo, normalmente pequeno. O tipo de comida varía, pero os tipos máis habituais son a coñecida como comida rápida e sobremesas. Estes concursos son populares principalmente no Xapón e nos Estados Unidos de América.

Unha competición de comida en 2005.

Historia

editar

Tradicionalmente facíanse competición deste estilo nas feiras a comezos do século XX, pero a recente popularidade debese en parte a emisión da Nathan's Hot Dog Eating Contest, unha competición de comer bocadillos de salchicha que se celebra dende 1916. Recentemente esta competencia foi dominada polo competidor da IFOCE Takeru Kobayashi, quen gañou o concurso dende 2001 ata 2006. Kobayashi foi destronado en 2007 por Joey Chestnut.

Actualmente en España só se coñece a realización deste tipo de concursos de maneira oficial e coas normas postas ante notario na vila da Estrada, o Argentinos Burguer Hot Dog Challenge que o organiza o restaurante Argentinos Burguer, da mesma localidade. A súa primeira edición realizouse o 6 de setembro do 2012, contou con 21 participantes e cerca de 1000 persoas de público. O gañador conseguiu o título ao conseguir comer 10 bocadillos en 8 minutos, foi o local José Luis Campos Arjones. Este ano se celebrarase a segunda edición o sábado 7 de setembro.[Cómpre referencia]

Organizacións

editar
  • A IFOCE (International Federation of Competitive Eating) realiza cerca de 100 eventos de comida anualmente. Foi fundada nos anos 90 e recentemente creou a Major League Eating, e é a única organización que ofrece normas de seguridade para os concursantes.
  • A Association of Independent Competitive Eaters (AICE), foi fundada por Arnie "Chowhound" Chapman. Máis tarde Coondog O'Karma entrou como socio de Arnie.

Ademais da nomeada anteriormente, nos últimos anos apareceron novas organizacións coma a Federación Afeccionada de Comedores Competitivos que patrocina competicións de comida en varios restaurantes. Varias destas competicións teñen arredor de 20 competidores principais.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar