Concentración de masa

En astronomía e astrofísica, concentración de masa (ou mascon, do inglés mass concentration) é unha rexión da Terra, da lúa ou dun planeta que contén unha grande anomalía gravitatoria positiva. En xeral, o termo "mascon" pode usarse como substantivo para describir unha distribución de masa na superficie do planeta, ou abaixo dela, como en Hawai.[1] Non obstante, este termo úsase con máis frecuencia para describir unha estrutura xeolóxica que ten unha anomalía gravitacional positiva asociada a unha característica (por exemplo, unha depresión) que podería ter unha anomalía negativa, como as "concas mascon" na Lúa.

Topografía —arriba— e campo gravitatorio —abaixo— da concentración de masa correspondente a Mare Serenitatis, na Lúa (Lunar Prospector, NASA).
  1. Richard Allen. "Gravitational Constraints (Lecture 17)" (PDF). p. 9. Consultado o 25 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.