Concello de Kungsbacka
Coordenadas: 57°29′N 12°04′L / 57.483, -12.067
Concello de Kungsbacka Kungsbacka kommun | |
![]() | |
Igrexa e casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Halland |
Condado | Halland |
Capital | Kungsbacka |
Área e poboación | |
Poboación | 85 761 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 1 472,93 km² |
Densidade | 141,38 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | kungsbacka.se |
Kungsbacka é un concello sueco (kommun) do condado de Halland.[1] Pertence á área metropolitana de Gotemburgo e é membro da asociación municipal da rexión de Gotemburgo. A súa capital é Kungsbacka. En xuño do ano 2022 o concello tiña unha poboación de 85 761 habitantes.[2]
O concello está no norte do landskap de Halland. Limita ao sur co concello de Varberg no condado de Halland, ao oeste co Kattegatt, ao norte cos concellos de Gotemburgo e Mölndal, e ao leste co de Mark no condado de Västra Götaland. En dirección nordés-suroeste flúe o río Kungsbackaån, que desemboca no fiorde de Kungsbacka, e un poco máis ao sur desemboca o río Rolfsån.
Notas editar
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-05.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 30 juni 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 30 juni 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-10-05.