Comunistas da Galiza
Comunistas da Galiza é a marca en Galicia do Partido Comunista de los Pueblos de España logo da ruptura do Partido Comunista do Pobo Galego co PCPE en 2008. Con esta marca presentáronse por primeira vez ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, se ben xa concorreran anteriormente como PCPE en diversas ocasións.
Comunistas da Galiza | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Marina Quintillán |
Historia | |
Fundación | 2008 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo marxismo-leninismo soberanismo internacionalismo |
Representación | |
Representación | sen representación parlamentaria |
Traxectoria
editarNas eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 Comunistas da Galiza presentou candidatura en dúas circunscricións, na provincia da Coruña e na de Pontevedra. A candidatura pontevedresa encabezábaa a mestra e música Marina Quintillán, e a coruñesa Francisco Aneiros Dopico. Nas eleccións municipais de 2015 presentou candidaturas nas cidades de Vigo e Ferrol.