Compresor alternativo frigorífico

Un compresor alternativo frigorífico é un dispositivo mecánico que levan os refrixeradores e que ten como función principal modificar as propiedades físicas dun fluído compresible (vapor ou gas refrixerante) variando a súa presión, entalpía, densidade e temperatura mediante o movemento lineal dun pistón no interior dun cilindro. Dependendo como o compresor logre variar as condicións do fluído existen tamén outros tipos de compresores como son o centrífugo, o de espiras, o de paletas e o de parafuso.

Compresor alternativo hermético nun refrixerador.

Segundo o tipo de construción existen tres grandes grupos de compresores, os herméticos, semiherméticos e os abertos. Os compresores herméticos caracterízanse polo feito de ter toda a súa maquinaria (eléctrica e mecánica) no interior dunha envoltura, sen ter acceso libre ao interior, sendo moi laboriosa e difícil a súa reparación. Outro tipo de compresores son os semiherméticos que ao igual que os herméticos teñen toda a súa maquinaria dentro dun mesmo bloque pero a diferenza destes pódese acceder ao seu interior extraendo varios parafusos, facilitando a súa reparación. Os compresores abertos teñen como principal característica que a parte mecánica do compresor está separada do motor eléctrico, transmitindo o movemento do motor eléctrico ao compresor por mediación dunha correa. Estes últimos son totalmente accesibles.

Funcionamento

editar
 
Esquema dun nompresor alternativo xenérico.

Os compresores alternativos converten o movemento rotativo do eixe, provocado polo motor eléctrico, en movemento alternativo do pistón grazas á biela e ao eixe con forma de excéntrica. Na parte superior do cilindro atópanse as válvulas de aspiración e descarga a través das cales circula o gas refrixerante no interior do cilindro. En primeiro lugar introdúcese o gas refrixerante a baixa presión a través da liña de aspiración, a válvula de aspiración abre deixando paso ao fluído refrixerante. O seguinte paso e a compresión do fluído refrixerante coa axuda do pistón unha vez que o émbolo está na parte superior do cilindro a válvula de descarga abre deixando pasar o fluído refrixerante á liña de descarga. É neste proceso onde o compresor muda as propiedades físicas do refrixerante aumentando a presión e a temperatura que fan que a máquina frigorífica realice a súa función.

Características

editar

Como consecuencia das súas dimensións este tipo de compresor ten unhas potencias de traballo reducidas que poden oscilar de 1 C.V. ata 25 C.V. podendo chegar a desprazar un volume de refrixerante de 1000 m³/h.[1]

Rendementos dun compresor frigorífico

editar
 
Compresor alternativo hermético aberto.

Como calquera outra máquina un compresor frigorífico alternativo non aproveita toda e enerxía eléctrica subministrada para convertela na súa totalidade en traballo mecánico é dicir ten un rendemento enerxético inferior ao 100%. Debido a que o compresor está formado por pezas móbiles e entre elas hai rozamentos o rendemento mecánico diminúe segundo sexa a calidade dos materiais e da súa fabricación. A isto engádese o feito de que o rendemento do motor eléctrico que fai mover o eixe do compresor tamén diminúe debido a perda de calor por efecto Joule nos bobinados do mesmo. É por iso que cando se escolle un compresor é preciso ver todas estas características que influirán na durabilidade e consumo do compresor durante a súa vida útil.

  1. Segundo o catálogo compresores Bristol Arquivado 18 de xuño de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Rapin, Pierre J. (1996). [Paris] : Pyc édition, 1996, ed. Installations frigorifiques. 2, Technologie. OCLC 37234395 .