Comisión presidencial para o estudo da ditadura comunista en Romanía

A Comisión presidencial para o estudo da ditadura comunista en Romanía (en romanés: Comisia Prezidenţială pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România), tamén coñecida coma A comisión de Tismăneanu (Comisia Tismăneanu), é unha comisión instituída en Romanía polo Presidente Traian Băsescu para investigar o réxime comunista e achegar un informe completo que permita a condena do Comunismo tal e como foi vivido en Romanía.

Historia editar

Formada no mes de abril do ano 2006 como un xurado liderado polo analista político Vladimir Tismăneanu, centrouse en examinar as actividades das institucións que impuxeron e perpetuaron a ditatura comunista, "os métodos que fixeron posible os abusos, asasinatos, crimes da ditadura, a violación dos dereitos humanos e o papel dalgunhas figuras políticas no mantemento e funcionamento do réxime totalitario en Romanía".

A comisión presentou o seu informe final no parlamento o 18 de decembro de 2006. Foi adoptado coma documento oficial da presidencia romanesa e publicado na súa web. O informe confirmou a Romanía coma o primeiro país do antigo bloque do leste en condenar oficialmente o réxime comunista.[1][2][3] A calidade, conclusións e elección dos membros da Comisión do informe están suxeitos a debate no seo da sociedade romanesa. A partir do 8 de xaneiro de 2007, fixéronse modificacións no informe para corrixir erros e omisións.[4]

Notas editar

  1. EuroNews, ed. (18/12/2006). ""Romania condemns its communist past"". Arquivado dende o orixinal o 04/02/2020. Consultado o 04/02/2020. 
  2. International Herald Tribune, ed. (2006-12-19). ""Romanian president, in a first for the nation, condemns its Communist dictatorship"". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2006. Consultado o 2006-12-19. 
  3. The New York Times, ed. (19/12/10). ""Romanian Leader Condemns Communist Rule"". Consultado o 19/12/10. 
  4. The modification note on the web site of the Romanian Presidency http://www.presidency.ro/?_RID=htm&id=83

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar