Commedia dell'arte

xénero teatral que se desenvolveu na Italia do século XVI
(Redirección desde «Comedia dell’arte»)

A commedia dell'arte foi un xénero teatral que se desenvolveu na Italia do século XVI.

A orixe é incerta, pero probabelmente ten as súas raíces no teatro romano. Na Italia medieval os arti eran grupos de artesáns ou gremios, polo que un posíbel significado sería o de "comedia de actores profesionais". As compañías de actores italianas representaban as súas obras non só en Italia, senón que viaxaban por toda Europa, especialmente por Francia, e a commedia dell'arte influenciou o desenvolvemento do teatro europeo posterior.

Unha troupe itinerante co seu cenario improvisado cun fondo de ruínas idealizadas na Campania Romana (Karel Dujardins, 1657).

O trazo definitorio máis característico é o seu carácter de teatro de actor e equipo, e non de autor. Só existe un bosquexo da acción (scenari) e os actores improvisan os diálogos correspondentes con apoios de recursos extraverbais (mímica, malabarismos, acenos,...). É un teatro en que pesa máis a teatralidade que a textualidade.

Formalmente preséntase en tres actos coas súas escenas. A súa trama, con escasas explicitacións espaciais e temporais, acostuma ser sinxela e reiterativa, é unha acumulación de situacións para divertir ó público e producir hilaridade. A temática é amorosa, implicando a persoas de todas as idades, señores e servintes, amantes e confidentes.

Pierrot nun cadro de Antoine Watteau (1718-19).

.

As figuras poden presentarse con máscara (vellos, criados) ou sen máscara (namorados), e as personaxes son esterotipadas e inclúen a Pantalone, o Capitano, un Doutor, o Namorado e os serventes Arlequín, Brighella e Scapino entre os homes, e a Namorada, a súa confidente Soubrette (ás veces namorada dun dos servintes) e a Canterina e Ballerina, que cantaban nos entreactos, entre as mulleres.

No espírito, se non na forma, a Comedia dos Erros de Shakespeare (1954) ten a súa referencia na commedia dell'arte, e pódese trazar a súa influencia na obra de Ben Johnson, Molière e Carlo Goldoni, así como na pantomima, a farsa, as obras para monicreques e no ballet.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.