Colonización

(Redirección desde «Colona»)

A colonización[1] é un proceso de expansión, invasión e de dominio político, cultural e económico (a diferenciar do colonialismo que é unha doutrina ou unha ideoloxía) practicado por certos Estados sobre outros estados ou pobos entón obrigados a aceptar lazos máis ou menos estreitos de dependencia. Trátase dun proceso expansionista de ocupación, que consiste no estabelecemento dunha ou varias colonias pola posta baixo influencia estranxeira doutros territorios. Cando hai dominio político do territorio e suxeición dos seus habitantes, fálase entón de imperialismo de parte do centro político de decisión chamado metrópole.

Os procesos de colonización adoitan estar acompañados de numerosos episodios de violencia.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colonización.