Colombia magia salvaje

Filme documental de 2015 dirixido por Mike Slee

Colombia magia salvaje é un filme documental colombiano estreado no 2015, dirixido por Mike Slee e producido polo Grupo Éxito, a Fundación Ecoplanet a a produtora británica Off The Fence. O filme é unha mostra da biodiversidade de Colombia, foi gravado en 85 localizacións diferentes para lograr o retrato de 20 ecosistemas.[2]

Colombia magia salvaje
Ficha técnica
Título orixinalColombia magia salvaje
DirectorMike Slee
ProdutorKaren Meehan
GuiónMike Slee
IntérpretesJulio Sanchez Cristo (narrador)
MúsicaDavid Campbell
FotografíaRichard Kirby
MontaxeDan Schwalm
EstudioGrupo Éxito, Fundación Ecoplanet, OFF The Fence
DistribuidoraCine Colombia
Estrea2015
Duración90 minutos
Orixe Colombia
XéneroDocumental
Orzamento$US3 500 000[1]
Na rede
http://www.magiasalvaje.org/
IMDB: tt5027202 Filmaffinity: 663105 Netlix: 80163974Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O documental percorre parte da biodiversidade de Colombia nunha narración que contrasta lugares como as profundidades do océano Pacífico na Illa de Malpelo, a chegada dos xibardos cada ano ó Parque Nacional Natural Enseada de Utría no Chocó, as pegadas da Ciudad Perdida na Serra Nevada de Santa Marta, o voo do cóndor dos Andes no Parque Nacional Natural El Cocuy, o sistema de páramos da cordilleira dos Andes, a Serra de Chiribiquete e as súas pinturas rupestres, os "Llanos orientales", o Amazonas ou as illas de Providencia, entre outros. Tamén amosa algunhas especies da fauna nacional como os cangrexos, o oso de anteollos, o Saguinus oedipus, o Crocodylus intermedius, o Osteoglossum bicirrhosum, o xaguar e o colibrí.

Notas editar

  1. "‘Colombia: magia salvaje’ se verá en poblaciones sin cine". Portafolio. 2 de outubro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2016. 
  2. "La película que revela las bellezas ocultas de Colombia". Revista Semana. 27 de agosto de 2015. Consultado o 14 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar