Colectivo Ciudadanos del Reino de León

Colectivo Ciudadanos del Reino de León (CCRL) ("Colleutivu Ciudadanos del Reinu de Llión", oficialmente e en leonés, mentres que en galego é Colectivo Cidadáns do Reino de León) é unha asociación de carácter leonesista que aspira a conseguir a creación dunha comunidade autónoma do País Leonés formada polas provincias de Salamanca, Zamora e León, marco territorial correspondente coa rexión do Reino de León na división territorial de España en 1833.

Manifestación leonesista pola Autonomía da Rexión Leonesa no 2006.

HistoriaEditar

Foi fundado en 2005 cando comezou a debaterse a posibilidade de reformar o Estatuto de autonomía de Castela e León, sacando entón catro manifestacións, a primeira o 3 de xuño de 2006, en favor da autonomía do País Leonés, concentrando a máis numerosa delas en torno a 20.000 asistentes o 22 de abril de 2007.

Recentemente pasou a impulsar a Plataforma polo Futuro da Rexión Leonesa, que realizou unha manifestación na cidade de Salamanca o 11 de maio de 2013, saíndo ás rúas da capital charra máis de 1.000 persoas reclamando "futuro para a Rexión Leonesa".[1]

FuncionamentoEditar

O seu funcionamento estrutúrase en grupos provinciais, esistindo os de Salamanca, Zamora e León, así como un grupo en Madrid formado por cidadáns destas provincias emigrados alí.

NotasEditar