Colanxiopancreotografía retrógrada endoscópica

A colanxiopancreatografía retrógrada endoscópica (CPRE ou CPER) é un exame de parte do sistema dixestivo que inclúe a vesícula biliar, o páncreas e as canles que drenan estes órganos, mais tamén o fígado; a pequena canle da vesícula (ducto cístico) xúntase ao ducto que sae do fígado (ducto hepático), confluíndo nun ducto maior (o colédoco) que drena o intestino delgado (duodeno - 2ª porción) a través dun orifício, a ampola hepatopancreática. Tras introducir un produto de contraste a través da papila hepatopancreática, canulada cun endoscopio de visión lateral (duodenoscopio) obsérvanse radioloxicamente todos estets ductos. O ducto pancreático, que desemboca na mesma topografía do ducto colédoco, ou sexa, na papila hepatopancreática, é unha das principais causas de complicación na realización deste exame, xa que a súa anatomía, que induce unha fácil canulación, pode levar ao paciente a desenvolver pancreatite tras a realización do CPRE.

É un exame relativamente seguro, de duración moi variable, dependendo da patoloxía e complexidade do caso. Realízase sempre con sedación consciente. Precisa equipamentos de raios-x e uso de contraste. Esixe unha maioría de veces o internamento, por cando menos 24h, tras a súa execución. O endoscopista, un médico con adestramento especial na execución destes exames, examina a vesícula, páncreas, as canles e as súas irregularidades, cálculos ou tumores.

Riscos editar

O principal risco do CPRE é o desenvolvemento dunha pancreatite, que acontece du 3 a un 7% das veces.