Cohors I Asturum et Callaecorum

Cohors I Asturum et Callaecorum [civium Romanorum] foi unha unidade auxiliar romana documentada por diplomas e inscricións militares .

Nome editar

  • Asturum et Callaecorum: [os] ástures e galaicos. Cando se constituíu a unidade, recrutáronse os soldados entre os pobos ástures e galaicos, aínda que os ástures constituían a maioría mentres os galaicos eran unha minoría[1].
  • civium Romanorum : [2] de cidadáns romanos ou con cidadanía romana. Ao lle outorgar o título "civium romanorum" a unha unidade concedíase a cidadanía romana a todos os seus soldados. Non obstante, isto non aplicaba para os soldados aceptados na unidade despois, que recibían a cidadanía romana só ao se licenciaren ( honesta missio ) despois de 25 anos de servizo. Este engadido aparece nalgúns diplomas militares, pero non nas inscricións.

O non existiren referencias aos sufixos milliaria (1000 homes) e equitata (mixtas de infantaría e cabalaría), pódese supoñer que se trata dunha cohorte de infantaría pura (Cohors peditata). A forza nominal da unidade era de 480 homes, e constaba de 6 centurias con 80 homes cada unha.

Historia editar

A primeira evidencia da unidade na provincia de Mauretania Tingitana procede dunha inscrición que se atopou en Volubilis, e que se data no ano 57 d.C. [2] Posiblemente unha vexillatio (destacamento) da cohorte 60 estivo destinada temporalmente na provincia de Illyricum [3]. En diplomas militares datados en 109, 114/117, 122, 124, 131, 153, 156/157, 159, 161 e 162/203 a cohorte figura como parte das tropas destacadas en Mauretania Tingitana baixo diferentes gobernadores[3] [4] [5] [6]

Localizacións editar

As localizacións da cohorte en Mauretania Tingitana poden ser:

  • Aïn Schkour: Varias inscricións indican a presenza de (partes) da cohorte en Aïn Schkour, John Spaul asume que a unidade estaba estacionada en Ain Schkour [3].
  • Volubilis : A lápida do prefecto Nammius Maternus atopouse en Volubilis.

Integrantes editar

 
Inscrición de Volubilis dedicada a Nammius Maternus, prefecto da cohorte [7]

Coñécense os seguintes membros da cohorte [3]:

Comandantes editar

Todos os comandantes tiñan o rango de prefecto.

  • Aemi[lius . ]
  • Caius Vibius Salutaris [8]
  • Flavius [4] (ou C. Iul. ) [3] Neon [9]
  • Gaius Julius Longinus [10]
  • Lucius Domitius Dentonianus [11]
  • Nammius Maternus [12],[13]
  • Publius Valerius Priscus [14]

Outros editar

  • Ogrigenus, soldado [15]
  • Runcanius Victor, optio [16]

Debate historiográfico editar

Mauretania Tingitana e Illyricum editar

A cohorte está documentada en toda Mauretania Tingitana mediante diplomas militares do ano 109 ao 162 e non se coñecen inscricións ou diplomas militares deste período que indiquen que a unidade estaba estacionada fóra de Mauretania Tingitana. Non obstante, isto non se aplica ao período que abrangue entre os anos 54 ao 60; pola existencia de inscricións e diplomas militares que poderían indicar que a cohorte estaría estacionada en dúas (ou tres) provincias durante un tempo relativamente curto. A secuencia cronolóxica das inscricións e dos diplomas militares (e, xa que logo, das provincias nas que estaba destinada a cohorte) é a seguinte:

Margaret M. Roxan asume que existían neste momento dúas cohortes diferentes chamadas Cohors I Asturum et Callaecorum [2]:

  • Cohors I Asturum et Callaecorum, que estaba destinada en Illyricum.
  • Cohors I Asturum et Callaecorum cR que estaba destinada en Mauretania Tingitana.

Juan Manuel Roldán Hervás tamén é desta opinión, unha destinada en Illyricum e Xermania e outra en Mauretania Tingitana[3]. Pola contra, John Spaul prefire a tese de que era unha única cohorte. Asume que a unidade estaba estacionada permanentemente en Mauretania Tingitana e que un vexillatio da cohorte 60 estivo temporalmente en Illyricum [3]. Narciso Santos Yanguas considera que se desprazou temporalmente toda a cohorte entre os anos 57 e 60 e logo volveu ao norte de África, a finais do século I ou nos primeiros anos do século II[20].

Xermania editar

Malia a non existencia de referencias claras, considérase que o primeiro destino da unidade foi Xermania[1] e a primeira evidencia da cohorte é unha lápida de Ogrigenus, que morreu despois de 9 anos de servizo[21] e que se atopou en Zahlbach datada no período xulio-claudio [2].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Santos Yanguas, Narciso (2004). "La Cohorte I de astures y galaicos en territorio norteafricano". Gerión 22 (1): 245–272. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Margaret M. Roxan (1973). "The Auxilia of the Roman Army raised in the Iberian Peninsula Volume 1" (PDF 23,5 MB). Universidade de Londres (tese). pp. 393–40). 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 John Spaul: Cohors² The evidence for and a short history of the auxiliary infantry units of the Imperial Roman Army, British Archaeological Reports 2000, BAR International Series (Book 841), ISBN 978-1-84171-046-4, páxinas 79–80
  4. 4,0 4,1 Margaret M. Roxan (1973). "The Auxilia of the Roman Army raised in the Iberian Peninsula Volume 2" (PDF 9,8 MB). pp. 149–151 (728–730). 
  5. Jörg Scheuerbrandt: Exercitus. Aufgaben, Organisation und Befehlsstruktur römischer Armeen während der Kaiserzeit. Dissertation, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg im Breisgau 2003/2004, p. 176 (PDF p. 178 Tabelle 18).
  6. Diplomas militares dos anos 54/68 (CIL XVI, 6), 60 (CIL XVI, 4), 109 (CIL XVI, 162, RMD-02,84 = AE 1979, 553), 114/117 (CIL XVI, 165), 122 (CIL XVI, 73 = CIL XVI, 169), 124 (CIL XVI, 171), 131 (RMD-03,157 = AE 1985, 991), 153 (RMD-05,409, RMD-05,410, AE 2005, 1726, ZPE-197-243), 156/157 (CIL XVI, 181, CIL XVI, 182), 159 (RMD-01,53 = AE 1960, 103), 161 (RMD-02,107 = AE 1984, 529) e 162/203 (RMD-03,186 = AE 1985, 992
  7. AE 1916, 91
  8. CIL III, 6065
  9. CIL VIII, 21820
  10. AE 1955, 208
  11. CIL II, 4211
  12. AE 1916, 91
  13. CIL XVI, 167
  14. CIL VI, 3654
  15. CIL XIII, 7037
  16. AE 1991, 1077
  17. CIL XVI, 6
  18. ILM 00058
  19. CIL XVI, 4
  20. Santos Yanguas, Narciso (2018). "Unidades de tropas auxiliares astures en el norte de África". Tiempo y Sociedad (30): 52. 
  21. CIL XIII, 7037

Véxase tamén editar

Outros artigos editar