Cohors II Asturum et Callaecorum

Cohors II Asturum et Callaecorum [equitata] foi unha unidade auxiliar romana documentada por diplomas militares e selos de tellas (tegula).

Diploma militar do 13 de xuño de 80 d.C.[1]

Nome editar

  • Asturum et Callaecorum:[os] ástures e galaicos. Cando se constituíu a unidade, recrutáronse os soldados entre os pobos ástures e galaicos.
  • equitata: parcialmente montada. A unidade era unha formación mixta de infantaría e cabalaría. A adición non aparece explicitamente en diploma militar ningún, pero expedíronse dous diplomas militares a xinetes da cohorte[2].

Non hai evidencia do sufixo milliaria (1000 homes), a unidade era unha cohors equitata. A forza teórica da cohorte era de 600 homes (480 de infantaría e 120 de cabalería), formada por 6 centurias de infantaría, cada un con 80 homes, e 4 turmae de cabalería, cada un con 30 xinetes.

Historia editar

A primeira evidencia da unidade na provincia de Pannonia procede dun diploma militar datado no 80 d.C. O diploma enumera a cohorte como parte das tropas que estaban acantonadas en Panonia. Outros diplomas militares con datas 85, 110, 135, 143, 141/144, 145, 148, 151/160, 157, 159 e 167 sitúan a unidade en Pannonia (ou a partir do 110 coa división da provincia, na de Pannonia Inferior') [2] [3] [4] [5], porén é posible que perdurase ata finais do século II ou mesmo ata as primeiras décadas do III[6].

Localizacións editar

Localizacións da cohorte en Pannonia e Pannonia inferior puideron ser:

  • Ad Militare (Batina): Os achados de tellas co selo COH II AST indican a presenza da cohorte en Ad Militare ou nas súas proximidades [7]. John Spaul refírese a Barnabás Lőrincz para a secuencia de campamentos nos que estaba acantonada a unidade [2].
  • Ad Statuas : Segundo Zsolt Visy [8]
  • Lugio (Dunaszekcső): Posiblemente a unidade tiña base en Lugio canda a Cohors VII Breucorum[9].
  • Surduk: Os achados de tellas indican a presenza da cohorte, ou unha parte, en Surduk ou nas súas proximidades [2].

Integrantes editar

Coñécense os seguintes membros da cohorte[2]:

Comandantes editar

Un comandante da unidade, Granianus, coñécese polo diploma militar do ano 145. Tiña o rango de prefecto.

Outros editar

  • Dasentis, un xinete [10]
  • Entis, un xinete [11]

Debate historiográfico editar

Diploma militar do 7 de agosto de 143 editar

O diploma militar do 7 de agosto de 143, no que aparece a Unidade II Ast(urum) atribúese a diferentes cohortes: Para John Spaul é da Cohors II Asturum et Callaecorum mentres para Jörg Scheuerbrandt é da Cohors II Asturum' [2] [3].

Diplomas militares do 9 de outubro de 148 editar

Os diplomas militares do 9 de outubro 148, nos que se mencionan a unidade II Nerv(iorum) et Callaec(orum), adscríbense a diferentes cohortes: John Spaul e Margaret M. Roxan asignan os diplomas á Cohors II Asturum et Callaecorum, ao sinalaren un erro na expedición dos diplomas, pola contra Jörg Scheuerbrandt atribúeos á Cohors II Nerviorum et Callaecorum [2] [3].

Notas editar

  1. CIL XVI, 26
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 John Spaul: Cohors² The evidence for and a short history of the auxiliary infantry units of the Imperial Roman Army, British Archaeological Reports 2000, BAR International Series (Book 841), ISBN 978-1841710464, páx. 81
  3. 3,0 3,1 3,2 Jörg Scheuerbrandt: Exercitus. Aufgaben, Organisation und Befehlsstruktur römischer Armeen während der Kaiserzeit. Dissertation, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg im Breisgau 2003/2004, páx. 161, 163 (PDF páx. 163 Tabelle 5, 165 Tabelle 7).
  4. Margaret M. Roxan (1973). "The Auxilia of the Roman Army raised in the Iberian Peninsula Volume 2" (PDF 9,8 MB). discovery.ucl.ac.uk. pp. 152–153 (731–732). 
  5. Diplomas militares dos anos 80 (CIL XVI, 26), 85 (CIL XVI, 31), 110 (CIL XVI, 164), 135 (RMD-04,251 = AE 1999, 1352), 141/144 (RMD-04,268 = AE 1996, 1257), 143 (RMD-04,266 = AE 1999, 1353), 145 (CIL XVI, 91), 148 (CIL XVI, 179, CIL XVI, 180), 151/160, 157 (RMD-02,102 = AE 1983, 785, RMD-02,103 = AE 1983, 784), 159 (CIL XVI, 112, CIL XVI, 113) e 167 (CIL XVI, 123).
  6. Santos Yanguas, Narciso (2007). "La cohorte II de caballería de astures y galaicos". Cuadernos de Estudios Gallegos LIV (120): 35–44. 
  7. CIL III, 10674
  8. Visy, Zsolt (1988). Der pannonische Limes in Ungarn. Theiss. p. 120. 
  9. Radnóti A e Barkóczi L (1951). "The Distribution of troops in Pannonia Inferior during the 2nd Century AD". Acta Archaeologica Academiae Scientiarium Hungaricae I: 191 e ss. 
  10. AE 1996, 1257
  11. CIL XIII, 7037

Véxase tamén editar

Outros artigos editar