Club de Remo Vila de Cangas
club de remo galego
O Club de Remo Vila de Cangas é un club de remo galego da localidade de Cangas (Pontevedra). O club foi fundado en 1986 e actualmente[cando?] compite na Liga Noroeste de Traíñas.
Club de Remo Vila de Cangas | |
---|---|
Tipo | club de remo |
Deporte | remo |
Data de fundación | 1 de setembro de 1986 |
En | Cangas |
País | Galicia |
42°15′37″N 8°47′02″O / 42.260194444444, -8.7839166666667 | |
Na rede | |
https://www.crviladecangas.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Club de Remo Vila de Cangas foi fundado no ano 1986 co afán de recobrar un deporte moi popular e tradicional das vilas costeiras galegas. Dende tal día o Club de Remo Vila de Cangas sempre tivo fama de posuír unha das maiores canteiras, principalmente en categorías femininas. Foron varios os Campionatos de España gañados polo club, tanto en banco móbil coma no banco fixo.[Cómpre referencia]