Club Atlético de Madrid Femenino
O Club Atlético de Madrid Femenino, coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é a sección de fútbol feminino do Club Atlético de Madrid, equipo da cidade de Madrid. Foi fundado en 2001 e actualmente xoga na Primeira división.[1] Ten no seu palmarés catro Ligas e unha Copa da Raíña.
Atlético de Madrid Femenino | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Atlético de Madrid Femenino | |||
Alcume(s) | Colchoeiras | |||
Fundación | 2001 | |||
Estadio | Cerro del Espino, Majadahonda (Madrid) | |||
Inauguración | 2 de outubro de 1966 | |||
Capacidade | 8.000 | |||
Presidente | Enrique Cerezo | |||
Adestrador | José Luis Sánchez Vera | |||
Liga | Primeira División | |||
2023/24 | 3.º | |||
Na rede | ||||
https://www.atleticodemadrid.com/atm/femenino | ||||
| ||||
A día de hoxe, o Atlético Femenino é, xunto con Rayo, Barcelona, Athletic, Espanyol e Levante, un dos equipos de referencia no fútbol feminino español e ostenta o récord mundial de asistencia a un partido de clubs feminino.[2] Xogadoras do primeiro equipo e das categorías inferiores son convocadas habitualmente polas seleccións correspondentes.
Estadio
editarO Club Atlético de Madrid Feminino xoga de local no Estadio Cerro del Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.376 espectadores, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda. Este recinto está situado no municipio de Majadahonda. En decembro de 2018, Miguel Ángel Gil Marín anunciou que para a tempada 2019-20 estaba previsto que o equipo empezase a xogar na Cidade Deportiva que o club está a construír en Alcalá de Henares.[3]
Na tempada 2016/17 o equipo xogou dous partidos no Estadio Vicente Calderón. Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 xogou un partido no Wanda Metropolitano respectivamente.
Afección
editarO equipo ostenta o récord de asistencia a un partido de clubs de fútbol feminino desde o 17 de marzo de 2019, con máis de 60.000 espectadores. Tamén foi partícipe do segundo partido con máis asistencia de clubs femininos como visitante, logrado en xaneiro de 2019 nos cuartos de final da Copa da Raíña en San Mamés, con preto de 50.000 espectadores. Como local superou os 20.000 espectadores nunha ocasión máis e os 10.000 espectadores outras dúas veces.
O 18 de setembro de 2018 fundouse pena "Las Colchoneras", a primeira do club dedicada á sección feminina.[4][5]
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 16
- Tempadas en 2ª: 3
- Tempadas en Preferente: 1
- Tempadas en 1ª Rexional: 1
- Participacións na Copa da Raíña: 10
- Participacións na Liga de Campións da UEFA: 1
Palmarés
editarTorneos estatais
editar- Primeira División (4): 1989-90, 2016-17, 2017-18, 2018-19.
- Copa da Raíña (1): 2016.
- Segunda División (2): 2003-04, 2005-06.
- Subcampión da Primeira División (2): 1990-91, 2014-15.
- Subcampión da Copa da Raíña (2): 2017, 2018.
- Subcampión da Segunda División (1): 2004-05.
Torneos amigables
editar- Trofeo Carranza (1): 2002
- Torneo Benéfico "Mete un Gol a la Porfiria" (1): 2017
- Torneo COTIF (1): 2017
- Copa Dimayor-LaLiga Women (1): 2018
- Torneo de Amistad La Línea-Gibraltar (1): 2018
Notas
editar- ↑ "LIGA IBERDROLA | Liga Iberdrola | La actualidad del futfem". Liga Iberdrola (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2019.
- ↑ Gómez, Daniel (18 de marzo de 2019). "Un fenómeno mundial". El País. Grupo Prisa. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "La nueva ciudad deportiva del Atlético de Madrid en Alcalá de Henares estará finalizada en mayo de 2019". Europa Press. 10 de decembro de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ "Las Colchoneras, la primera peña del Atlético Femenino". Estoesatleti.es (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ "Colchoneras: nace la primera peña del Atlético Femenino". as.com (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2018.