Clorocruorina
A clorocruorina é unha hemoproteína que se une ao oxíxeno, que está presente no plasma sanguíneo de moitos anélidos, especialmente en certos poliquetos mariños.[1][2][3] A súa afinidade polo oxíxeno é menor que a da maioría das hemoglobinas. A clorocruorina é un composto dicromático, que orixina unha cor verde en solucións diluídas, pero que aparece vermella clara en solucións concentradas.[4][5][6]
A súa estrutura química é moi similar á eritrocruorina (a cal contén moitas subunidades de tipo hemoglobina e non hemoglobina) e contén moitas subunidades de tipo mioglobina de 16-17 kDa dispostas como un complexo xigante de case cen subunidades entrelazadas con proteínas cun peso molecular total que excede os 3600 kDa. A única diferenza significatva entre a clorocruorina e a eritrocruorina é que a clorocruorina leva un grupo hemo anormal.[7] Esta enorme macromolécula atópase tipicamente flotando libremente no plasma, e non no interior de células sanguíneas.[7][8]
Notas
editar- ↑ H. Munro Fox (1 April 1933). "The Blood Circulation of Animals Possessing Chlorocruorin". Proceedings of the Royal Society B 112 (779): 479–495. JSTOR 81599. doi:10.1098/rspb.1938.0042.
- ↑ R. F. Ewer, H. Munro Fox (9 August 1940). "On the Function of Chlorocruorin". Proceedings of the Royal Society B 129 (855): 137–153. JSTOR 82389. doi:10.1098/rspb.1940.0033.
- ↑ D.W. Ewer (1941). "The blood systems of Sabella and Spirographis". Quarterly Journal of Microscopical Science 82 (s2): 587–619. Consultado o 1 May 2010.
- ↑ H. Munro Fox (1 February 1926). "Chlorocruorin: A Pigment Allied to Haemoglobin". Proceedings of the Royal Society B 99 (696): 199–220. JSTOR 81088. doi:10.1098/rspb.1926.0008.
- ↑ H. Munro Fox (1 September 1932). "The Oxygen Affinity of Chlorocruorin". Proceedings of the Royal Society B 111 (772): 356–363. JSTOR 81716. doi:10.1098/rspb.1932.0060.
- ↑ H. Munro Fox (19 October 1949). "On Chlorocruorin and Haemoglobin". Proceedings of the Royal Society B 136 (884): 378–388. JSTOR 82565. doi:10.1098/rspb.1949.0031.
- ↑ 7,0 7,1 Pallavicini A, Negrisolo E, Barbato R; et al. (July 2001). "The primary structure of globin and linker chains from the chlorocruorin of the polychaete Sabella spallanzanii". J. Biol. Chem. 276 (28): 26384–90. PMID 11294828. doi:10.1074/jbc.M006939200. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 1 May 2010.
- ↑ Lamy JN, Green BN, Toulmond A, Wall JS, Weber RE, Vinogradov SN (19 December 1996). "Giant Hexagonal Bilayer Hemoglobins". Chem Rev 96 (8): 3113–3124. PMID 11848854. doi:10.1021/cr9600058.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Chlorocruorin Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.