As macromoléculas son substancias que teñen unha masa molecular elevada, formadas por un gran número de átomos. Xeralmente pódense describir como a repetición dunha ou unhas poucas unidades mínimas ou monómeros, formando os polímeros.

Estrutura dunha proteína, un exemplo de macromolécula.

O termo macromolécula refírese ás moléculas que pesan máis de 10.000 dalton de masa atómica.[1] Poden ser tanto orgánicas como inorgánicas, e algunhas de gran relevancia atópanse no campo da bioquímica, ao estudar as biomoléculas. Dentro das moléculas orgánicas sintéticas atópanse os plásticos. Son moléculas moi grandes, cunha masa molecular que pode alcanzar millóns de UMAs que se obteñen polas repeticións dunha ou máis unidades simples chamados "monómeros" unidos entre si mediante enlaces covalentes.

Forman longas cadeas que se unen entre si por forzas de Van der Waals, pontes de hidróxeno ou interaccións hidrófobas e por pontes covalentes.

Polo xeral, analízanse moléculas no que o número de átomos é moi pequeno, que ademais constan dunha masa molecular relativamente pequena. Por exemplo, a molécula do sal común (NaCl) consta de só dous átomos e a masa molecular relativa é de 57'5. En cambio, existen moitas clases de moléculas que posúen unha composición moito máis complicada, é dicir, unha gran cantidade de átomos e un valor grande na súa masa molecular; a esta clase de composicións denomínaselle macromoléculas. Especificamente, unha macromolécula ten unha cantidade mínima de 1000 e unha masa non menos de 10.000. Ademais os elos que unen a molécula non conducen a variación nas propiedades físicas, se estes son engadidos de xeito complementario. Por exemplo a molécula do polietileno, cuxa masa molecular relativa é de 280.000 e consta de 20.000 elos de grupos CH2. Outro exemplo é a molécula do ácido ribonucleico; consta de 124 elos que se repiten, conformados por 17 aminoácidos diferentes. A súa fórmula química é C575H901O193N171S12, e a súa masa molecular relativa é de 13.682. Os polímeros son substancias conformadas por macromoléculas.[2]

Nunha época que non se coñecía a existencia da macromolécula denominabanse coloides a este grupo de moléculas. Os coloides teñen unha aparencia xelatinosa adhesiva, cunha velocidade de difusión pequena sen poder atravesar as membranas, contrario ao que ocorre, por exemplo, co sal común, que se difunde moi ben e pasa a través das membranas. Estas substancias foron chamadas cristaloides pola súa boa conformación estrutural. Máis tarde foi descuberto que, en condicións determinadas, os cristaloides podían adquirir un "estado coloidal" se se lograba unir as súas moléculas en grupos e cunha masa relativamente baixa. A agregación das moléculas dos cristaloides que conducen á aparición das propiedades coloidales das súas moléculas, é polo xeral unha manifestación das forzas da valencia atómica secundaria e o enlace dos átomos nas macromoléculas é convalente.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Staudinger, H.; Fritschi, J. Über die Hydrierung des Kautschuks und über seine Konstitution. Helv. Chim. Acta 1922, 5, 785–806.
  2. "Macromoléculas" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.