Clorina
En química orgánica a clorina[1][2][3] é un composto formado por un gran anel aromático heterocíclico que consta de tres grupos pirrol e un grupo pirrolina unidos por catro enlaces metino. A diferenza da porfina, que é o núcleo básico das porfirinas, a clorina é un composto moi aromático pero non é aromático ao longo de toda a circunferencia do anel. Diferénciase da porfina en que un dos pirrois carece dun dos dobres enlaces, polo que se trata dun grupo pirrolina.
Clorina | |
---|---|
![]() | |
Identificadores | |
Número CAS | 2683-84-3 |
PubChem | 65106 |
ChemSpider | 58616 |
ChEBI | CHEBI:36303 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H16N4 |
Masa molecular | 312,36784 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
As clorinas derivadas que conteñen magnesio denomínanse clorofilas, e constitúen o elemento fotosensible central dos cloroplastos. Da hidrólise de clorofilas poden obterse clorinas[4].
Compostos relacionados, pero con dous grupos pirrolina e dous pirrois denomínanse bacterioclorinas e isobacterioclorinas. A posición onde levan a pirrolina determina que se trate dun composto ou outro.[5]

A causa da súa fotosensibilidade, as clorinas son utilizadas como axentes fotosensibilizadores na terapia fotodinámica experimental. A clorina E6 é unha molécula usada como fotosensibilizador para obter drogas para estas terapias debido á súa forte absorción na rexión do espectro da luz vermella e a longa duración dos seus estados fotoexcitados.[6]
Notas
editar- ↑ ChemSpider chlorin
- ↑ CHEBI
- ↑ PubChem compound Chlorin
- ↑ Merriam-Webster dictionary - chlorin
- ↑ "ChEBI". June 16, 2009. pp. isobacteriochlorin (CHEBI:52583). Consultado o 26 decembro 2012.
- ↑ "MedKoo Biosciences". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2012.