Clinic é unha banda de garage rock de Liverpool que destaca polo seu son ecléctico de ritmos rápidos. O seu son distintivo é comunmente recoñecido polo seu destacado uso de teclados/órganos e as súas peculiares progresións de acordes.

Clinic
OrixeLiverpool, Inglaterra Inglaterra
Período1997 - presente
Xénero(s)rock experimental, rock alternativo, indie rock, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)Domino Records
MembrosAde Blackburn
Brian Campbell
Jonathen Hartley
Carl Turney
Na rede
http://www.clinicvoot.org/
IMDB: nm1598879 Facebook: Clinic Twitter: clinicvoot Tumblr: clinicvoot MySpace: clinicvoot Souncloud: clinicvoot Spotify: 7icDkrFloDss50hoqQ3Kkj iTunes: 2285248 Last fm: Clinic Musicbrainz: 1ea2c08f-323c-4207-9af1-e2fb8588f08e Songkick: 18208 Discogs: 42650 Allmusic: mn0000161487 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Clinic formárona en 1997 Ade Blackburn e Jonathan Hartley despois da separación da súa anterior banda, Pure Morning. Destacaron nun principio por usar instrumentos (sobre todo teclados) mercados en rastros e mercadillos. Brian Campbell e Carl Turney uníronse á banda e pouco despois editaron o seu primeiro EP I.P.C. Subeditors Dictate Our Youth a través do seu propio selo Aladdin's Cave of Golf. O EP entrou na lista Festive 50 de John Peel a finais de ano, e no ano 1998 lle seguirían outros dous sinxelos auto-financiados.

En 1999 a banda asinou con Domino Records. O seu álbum de estrea, Internal Wrangler, aparecería no ano 2000. Os temas do álbum "The Second Line", "The Return of Evil Bill" e "Distortions" foron editados coma sinxelos, e "The Second Line" foi posteriormente usado nun anuncio de televisión de Levi's, polo que foi reeditado. Nese mesmo ano a banda tocou no All Tomorrow's Parties e no Meltdown e xirou con Radiohead.

Dous álbums máis, Walking with Thee e Winchester Cathedral, apareceron no 2002 e no 2004 respectivamente xunto con xiras con The Flaming Lips e unha aparición no Late Show with David Letterman. "Come into Our Room", un sinxelo de Walking with Thee, apareceu posteriormente nun capítulo de CSI: Crime Scene Investigation, e o tema sería reeditado e converteríase no seu sinxelo máis alto nas listas. Tamén dese álbum, "The Equaliser" apareceu na película independente do 2003 Thirteen. A banda editou o seu cuarto álbum, Visitations, en outubro do 2006. "Tusk", o seu primeiro sinxelo, estivo dispoñible como descarga gratuíta na súa páxina oficial en febreiro dese ano, e "Harvest" precedeu ao álbum a principios de outubro.

Funf, un recompilatorio de caras-b e rarezas, foi editado en xño do 2007. Clinic tamén apareceu con Roky Erickson no Meltdown Festival de Jarvis Cocker do ano 2007, e noi ano seguinte xirou con Arcade Fire. "If You Could Read Your Mind" do Visitations foi usado na película Hallam Foe o mesmo outono.

No 2008 lanzaron o sinxelo "Free Not Free", precedendo o seu quinto álbum Do It!. O temas foi editado coma descarga gratuíta na súa páxina web que tamén contiña a cara-b "Thor". Postariormente aparecería "The Witch (Made to Measure)" coma segundo sinxelo do disco.

En marzo do 2009, durante a súa actualización mensual da páxina web, revelaron títulos dalgúns temas do seu seguinte traballo incluído "I Want to Hold Your Face", "T.I.M.E" e "Arthur".

Tras sete anos de silencio Clinic anunciou un novo álbum en marzo de 2019, Wheeltappers and Shunters. O disco foi editado o día 10 de maio dese ano a través de Domino Recording Company e estivo precedido polo sinxelo “Rubber Bullets”, lanzado o 5 de marzo.[1]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Internal Wrangler 2000 Domino Records
Walking with Thee 2002 Domino Records
Winchester Cathedral 2004 Domino Records
Visitations 2006 Domino Records
Do It! 2008 Domino Records
Bubblegum 2010 Domino Records
Free Reign 2012 Domino Records
Wheeltappers and Shunters 2019 Domino Records
Fantasy Island 2021 Domino Records

EPs editar

  • IPC Subeditors Dictate Our Youth - 1997
  • Monkey on Your Back - 1998
  • Cement Mixer (1998)
  • Operating at a Theatre Near You Vol.1 (2004)
  1. Blais-Billie, Braudie. "Clinic Announce First Album in 7 Years, Share New Song: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-10-19.