Cleroideos

Trogodendron fasciculatum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Cleroidea
Latreille, 1802
Familias

Ver texto.

Os cleroideos (Cleroidea) son unha pequena superfamilia de escaravellos que contén 10 000 especies.[1]

Descrición editar

Os Cleroidea defínense polas seguintes características: adultos e larvas con ausencia de mola mandibular, larvas con proceso mandibular basal (lacinia mobilis), e mala con setas pedunculadas.[2]

Algúns cleroideos, especialmente os da familia Cleridae e a subfamilia melírida Malachiinae, teñen unha rechamante coloración aposemática para disuadir aos depredadores. Imitan a aparencia doutros artrópodos que son incomestibles para os predadores, como varios escaravellos (meloidos, crisomélidos, lícidos), himenópteros que pican (formigas e Mutillidae), avelaíñas Zygaenidae e moscas taquínidas.[3]

Hai variacións no grao de esclerotización dentro de Cleroidea. Algúns son escaravellos de corpo duro con élitros completamente esclerotizacos que se axustan á forma do abdome (Trogossitidae, Lophocateridae, Peltidae). A liñaxe melírida (un grupo que comprende os Melyridae e outras familias) e dúas pequenas familias Phloiophilidae e Acanthocnemidae teñen corpos bastante brandos. Os Cleridae teñen unha dureza corporal intermedia.[3]

Bioloxía editar

Os cleroideos poden dividirse en tres grandes grupos baseándose nos alimentos que comen:[1]

  • Os Cleridae e a maioría dos Trogossitinae (Trogossitidae) son predadores e os seus adultos adoitan ser diúrnos.
  • Os da liñáxe melírida son comedores de pole ou néctar e tamén teñen adultos diúrnos.
  • Moitos dos restantes Trogossitidae e moitas familias menores son comedores de fungos. Os seus adultos son máis crípticos ou nocturnos que os grupos anteriores, e viven en codias, madeira podre ou en corpos frutíferos de fungos.

Na superfamilia tamén se poden atopar outros estilos de vida. Phycosecidae comen animais mortos nas costas mariñas ao descuberto, mentres que Acanthocnemus nigricans (a única especie dos Acanthocnemidae) vese atraída pola madeira recentemente queimada.[1]

Taxonomía editar

As familias que inclúe son:[1]

A liñaxe melírida consta de Phycosecidae, Rhadalidae, Mauroniscidae, Prionoceridae e Melyridae.[1]

A maioría das especies pertencen ás familias Cleridae e Melyridae, seguidos dos Trogossitidae.

Xéneros extinguidos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gimmel, Matthew L.; Bocakova, Milada; Gunter, Nicole L.; Leschen, Richard A.B. (2019). "Comprehensive phylogeny of the Cleroidea (Coleoptera: Cucujiformia)". Systematic Entomology (en inglés) 44 (3): 527–558. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12338. 
  2. Leschen, Richard A. B. (2010-12-31). Kükenthal, Willy; Leschen, Richard A.B.; Beutel, Rolf G.; Lawrence, John F., eds. 9. Cleroidea Latreille, 1802. Coleoptera, Beetles, Volume 2, Morphology and Systematics (Elateroidea, Bostrichiformia, Cucujiformia partim) (DE GRUYTER). pp. 237–239. ISBN 978-3-11-019075-5. doi:10.1515/9783110911213.237. Consultado o 2022-11-24. 
  3. 3,0 3,1 Bocakova, Milada; Bocak, Ladislav; Gimmel, Matthew L.; Motyka, Michal; Vogler, Alfried P. (2016). "Aposematism and mimicry in soft-bodied beetles of the superfamily Cleroidea (Insecta)". Zoologica Scripta (en inglés) 45 (1): 9–21. doi:10.1111/zsc.12132. 
  4. Kolibac, Jiri; Huang, Diying (2019). "New cleroid beetles from the Middle-Late Jurassic of China". Acta Palaeontologica Polonica 64. doi:10.4202/app.00550.2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar