Abrir o menú principal

Claudio Juan Amoedo Canaveri, nado en Buenos Aires o 30 de outubro de 1830, e finado ibídem o 7 de xaneiro de 1871 foi un médico arxentino.[1] Serviu como presidente da Asociación Médica da provincia de Buenos Aires durante o goberno de Emilio Castro.[2]

Claudio Amoedo
Nacemento30 de outubro de 1830
 Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Falecemento7 de xaneiro de 1871
 Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
SoterradoCemitério da Recoleta
NacionalidadeEspaña
OcupaciónMédico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Claudio naceu en Buenos Aires, fillo de Hilario Amoedo Garazatúa e Juana Josefa Canaveri Esparza,[3] no seo dunha familia distinguida de raíces galegas, piemontesas e vasca. Completou os seus estudos elementais no "Colegio Republicano Federal", onde aprendeu francés e inglés en 1845.[4] Posteriormente comezou os seu estudos de medicina na Universidade de Buenos Aires, obtendo o seu doutoramento en medicina.[5]

Claudio Amoedo casou con Ángela Ibarra, pertencente a unha familia de orixe vasca. Morreu traxicamente (suicidio) o 7 de xaneiro de 1871,[6] e o seu irmán Sinforoso Amoedo, que presenciou a súa morte,[7] tamén morreu ese mesmo ano, de febre amarela.

NotasEditar