Sinforoso Amoedo
Sinforoso del Carmen Amoedo Canaveri, nado en Buenos Aires o 18 de xullo de 1823, e finado ibídem o 23 de abril de 1871 foi un médico arxentino.[1] Serviu durante a epidemia de febre amarela en Buenos Aires.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Sinforoso del Carmen Amoedo Canaveri 18 de xullo de 1823 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 23 de abril de 1871 (47 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Lugar de sepultura | Cemitério da Recoleta (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarNaceu o 18 de xullo de 1823 en Buenos Aires, fillo de Hilario Amoedo Garazatúa e Juana Josefa Canaveris. Os seus estudos de educación secundaria foron no "Colegio Republicano". Estudou medicina na Universidade de Buenos Aires onde conseguiu o seu doutoramento.[3]
A súa familia recibiu un recoñecemento póstumo polo seu heroísmo durante a epidemia de febre amarela de 1871[4] que resultou na morte de Amoedo[5] o 23 de abril de 1871. Foi soterrado no cemiterio la Recoleta en Buenos Aires, cun gran monumento ó seu nome.[6]
Notas
editar- ↑ Rafael Berruti (ed.). "La Epidemia de Fiebre Amarilla de 1871" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Fiebre amarilla en Buenos Aires". El Intransigente - Noticias de Argentina. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Historia de la universidad de Buenos Aires y de su influencia en la cultura Argentina dirifida, Volúmenes 5-6". Imprenta y casa editora "coni", 1921.
- ↑ "Dario De Sesiones De La Camara De Senadores". Buenos Aires (Argentina : Province) 1871.
- ↑ "Cuando murió Buenos Aires, 1871". La Bastilla, 1974.
- ↑ "Dr Sinforoso Amoedo". Find a Grave. Consultado o 19 de decembro de 2013.