Henri de Saint Simon

Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon, nado en París o 17 de outubro de 1760 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1825, foi un filósofo, economista e teórico da sociedade industrializada nos seus inicios.

Henri de Saint Simon
Claude Henri de Rouvroy.jpg
Nacemento17 de outubro de 1760
Lugar de nacementoParís
Falecemento19 de maio de 1825
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfilósofo, economista, xornalista, historiador, escritor, sociólogo, enxeñeiro civil, enxeñeiro, urbanista e político
CónxuxeSophie de Bawr
IrmánsAndré Louis de Saint-Simon e Marie Louise St. Simon-Montléart
Na rede
Find a Grave: 10166821 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É o fundador do saint-simonismo, as súas ideas tiveron unha posteridade e unha influencia sobre a maioría dos filósofos do século XIX. É o pensador da sociedade industrial francesa, cando estaba a suplantar o Antigo Réxime. O historiador André Piettre descríbeo coa fórmula: «O último xentilhome e o primeiro socialista». É o curmán afastado do duque de Saint-Simon, célebre memorialista na corte de Luís XIV e da Rexencia trala morte de Luís XIV.

Neno máis ben turbulento, Claude Henri de Rouvroy de Saint Simon recibiu da educación dun preceptor as ensinanzas de D'Alembert e Rousseau.

Adepto ás ideas novas, o novo aristócrata comprometeuse aos 17 anos no exército de liberación dos Estados Unidos ao lado do Marqués de La Fayette e do conde de Rochambeau. Durante a Revolución Francesa, abandonou a partícula de nobreza pasando ao nome de Saint-Simon, e enriqueceuse pola venda dos bens da Igrexa.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar