Orixe do clanEditar
A familia Wallace chegou a Escocia cunha familia de normandos no século XI.[3] David I de Escocia estaba ansioso por estender os beneficios da influencia normanda e concedeu donacións ós nobres do sur. Entre eles atopábase Walter Fitzallan, a quen o rei escocés fixo o seu senescal en 1136.[3] Un dos seguidores de Fitzallan era Richard Wallace de Oswestry, que foi ó norte para tratar de mellorar a súa riqueza.[3] Oswestry localízase na fronteira galesa polo que é posible que o nome Wallace sexa unha variante de Le Waleis, que significa "galés".[3] Porén, mentres que é posible que os Wallace fosen orixinalmente bretóns de Gales,[2] que foron ó norte con David I de Escocia no século XI, outra teoría di que son bretóns que se asentaron en Strathclyde no século X.[2]
Lord Fitzallan recibiu do rei David terras en Ayrshire polo que foi alí onde se asentou o seu seguidor Richard Wallace.[3] A Richard Wallace concedéuselle o seu propio asentamento en Kyle.[3] Richard Wallace (Walensis) tivo terras en propiedade en Kilmarnock e foi un vasalo do Gran Senescal de Escocia polo 1160.[2] O seu neto foi Adam Walays, quen tivo dous fillos, e o maior deles sucedeuno como xefe de familia en Ayrshire.[2] O fillo máis novo de Adam foi Malcolm Wallace, que recibiu terras de Auchinbothie e Elderslie en Renfrewshire.[2]
Guerras de independencia de EscociaEditar
Durante as Guerras de independencia de Escocia, William Wallace e Andrew de Moray comezaron unha exitosa campaña contra os invasores ingleses.[2] En 1297, conseguiu unha gran e determinante vitoria sobre os ingleses na batalla da ponte de Stirling, despois do cal Wallace foi nomeado Gardían de Escocia.[2] Wallace tamén estivo ó mando na batalla de Falkirk en 1298, mais foi derrotado pola superioridade numérica inglesa.[2] Wallace foi capturado en Robroyston, preto de Glasgow, e entregado a Eduardo I de Inglaterra polo señor escocés Sir John Mentieth. Wallace foi sometido a xuízo no cal foi atopado culpable de traizón e foi colgado, afogado e despezado en Smithfield, Londres, en 1305.[2]