Cirrinos
Cirrinos Cirrina | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Stauroteuthis syrtensis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
A dos cirrinos (Cirrina),[1] tamén coñecidos como cirrados (cirrata),[2] é unha suborde de moluscos, unha das dúas en que se divide a orde Octopoda.[3]
Trátase de octópodos peláxicos que viven en augas abismais, entre os 2 000 e os 4 000 m de profundidade, polo que teñen pouco en común cos octópodos bentónicos, os verdadeiros polbos.
Caracterízanse por teren dúas aletas laterais, e un par de cilios en cada ventosa, dos que carecen os incirrinos ou incirrados (os polbos), ao que alude o seu nome.
Características
editarInicialmente ambos os grupos de octópodos, cirrinos e incirrinos, foron creados por Grimpe tendo en conta os cirros dispostos ao lado das ventosas situadas debaixo dos brazos. O nome das subordes é evidente, os cirrados teñen un par de pestañas (cirri, en latín) aplicados a cada ventosa, mentres que os incirrinos non as teñen. A diferenza doutros octópodos, os brazos dos cirrinos están limitados por unha unbela ou antuca e non teñen brazo copulador (hectocótilo). Diminuíron a súa rádula, a súa bolsa da tinta e as súas glándulas salivareds posteriores. Estas especies tamén teñen a particularidade de teren unha estrutura interna, un residuo da cuncha que presentan a maioría dos moluscos.
Nutrición
editarAliméntanse de pequenos crustáceos planctónicos e doutros animálculos, o que explica a perda da rádula e o desenvolvemento dunha umbrela e de cirros para capturaren as súas minúsculas presas.
Clasificación
editarEsta suborde comprende as seguintes tres familias:
Suborde Cirrina Grimpe, 1916
- Familia Cirroteuthidae Keferstein, 1866
- Familia Opisthoteuthidae Verrill, 1896
- Familia Stauroteuthidae Grimpe, 1916
Suborde Cirrata
- Familia Cirroctopodidae Collins & Villenueva, 2006
- Familia Cirroteuthidae Keferstein, 1866
- Familia Opisthoteuthidae Verrill, 1896
Para o WoRMS, a familia dos Stauroteuthidae Grimpe, 1916 identifícase coa dos Cirroteuthidae Keferstein, 1866.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Cirrinos |
Bibliografía
editar- Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods
- Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
- Norman M. D.; Finn J. K. & Hochberg F. G. (2014): "Family Octopodidae". In P. Jereb, C. F. E. Roper, M. D. Norman & J. K. Finn (eds). Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of cephalopod species known to date. Volume 3. Octopods and vampire Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Rome, FAO. 4 (3): 36-215.
- Strugnell J. M., Norman M. D., Vecchione M., Guzik, M. & Allcock A. L. (2014): "The ink sac clouds octopod evolutionary history". Hydrobiologia 725: 215-235.
- Vaught, K. C. (1989): A classification of the living Mollusca, American Malacologists, Melbourne, FL (USA). ISBN 0-9158-2622-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cirrata, en Tree of Life.
- Cirrate Male Reproductive Tract (Tracto reprodutivo dos cirrados machos), en Tree of Life.