Ciro I ou Kuraš (c.610 a.C.– c.585 a.C.) é un membro da dinastía dos Aqueménidas, soberano de Anshan.

Modelo:BiografíaCiro I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte580 a. C. Editar o valor en Wikidata
Anshan, Persia, Irán Editar o valor en Wikidata
Gran Rei
640 a. C. – 580 a. C.
← TeispesCambises I → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía aqueménida Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMandane de Media Editar o valor en Wikidata
FillosCambises I Editar o valor en Wikidata
PaiTeispes Editar o valor en Wikidata
IrmánsAriaramnes Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aparece mencionado nalgunhas xenealoxías reais, segundo as cales sería o neto do fundador mítico, Aquemenes, e o fillo de Teispes. Así, Heródoto (VII, 11, 2) fai dicir a Xerxes I: «Que non se me vexa como o fillo de Darío, fillo de Histaspes, fillo de Arsames, fillo de Ariaramnes, fillo de Teispes, fillo de Ciro, fillo de Cambises, fillo de Teispes, fillo de Aquemenes, se eu non me vingo dos atenienses.» Con todo, non figura na inscrición de Behistún, gravada por orde de Darío I.

A el fai mención seguramente un selo de estilo neo-elamita (PFS 93*) que leva a inscrición: «Kuraš de Anšan, fillo de Teispes». Identifícase tamén co «Kuraš, rei de Parsumaš» dunha inscrición do asirio Asurbanipal (669630 a.C.): Kurash debe facer unha alianza con este último e enviar ao seu fillo máis vello como refén a Nínive. Kuraš sería Ciro I e Parsumaš Persia. Así e todo, esta interpretación é contestada.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Briant, Pierre: Histoire de l’Empire perse, de Cyrus à Alexandre, Fayard, París, 1996 (ISBN 2-213-59667-0).