Cinema Sabaya
Cinema Sabaya (hebreo: סינמה סבאיא) é un filme israelí de 2021 dirixido por Orit Fouks Rotem e producido por Green Productions. Está protagonizado por Dana Ivgi, Amal Murkus, Marlene Bejali, Ruthie Landau, Haula Haj-Divsi, Joanna Said, Yulia Tagil, Asil Farhat, Orit Samuel e Liora Levy. Foi escollido como candidato de Israel para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado. Gañou un premio Ophir ao mellor filme (xunto con outros catro premios Ophir máis). Antes diso, gañou o premio Best Debut Film no Festival de Cinema de Xerusalén. O 8 de marzo de 2022, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o filme foi escollido para unha proxección especial en Beit HaNassi, a residencia do presidente israelí. En novembro de 2022 foi recollido por Kino Lorber para ser distribuída en América do Norte.[4][5]
Cinema Sabaya | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | סינמה סבאיא |
Director | Orit Fouks Rotem |
Produtor | Roi Kurland Gal Greenspan Maya Fischer Orlaine Bodino Ryan Vialva |
Guión | Orit Fouks Rotem |
Intérpretes | Dana Ivgi Amal Murkus Marlene Bejali Ruthie Landau Haula Haj-Divsi Joanna Said Yulia Tagil Asil Farhat Orit Samuel Liora Levy |
Música | Karni Postel |
Fotografía | Itay Marom |
Montaxe | Neta Dvorkis |
Estudio | Green Productions |
Estrea | 2021 |
Orixe | Israel |
Xénero | Drama |
Recadación | 69.537 dólares[1][2] |
Na rede | |
|
Personaxes
editar- Dana Ivgi como director
- Liora Levy como muller solitaria
- Marlene Bajali como anciá árabe
- Yulia Tagil como israelí de orixe rusa
- Ruthie Landau como bibliotecaria
- Orit Samuel como muller casada
- Amal Murkus como activista
- Asil Farhat como moza palestina
- Joanna Said como nai
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo (ed.). "Cinema Sabaya". Consultado o 5 de xuño de 2023.
- ↑ The Numbers (ed.). "Cinema Sabaya". Consultado o 5 de xuño de 2023.
- ↑ "Cinema Sabaya wins 2022 Ophir Award, to represent Israel at Oscars". Jerusalem Post. 18 de setembro de 2022. Consultado o 18 de setembro de 2022.
- ↑ Baughan, Nikki. "Cinema Sabaya: Review". Screen (en inglés). Consultado o 2022-12-07.
- ↑ "Israeli Oscar Contender "Cinema Sabaya" Acquired by Kino Lorber". womenandhollywood.com (en inglés). Consultado o 2022-12-07.