Cicloxénese explosiva

A cicloxénese explosiva fai referencia á creación dun ciclón (ou borrasca cando a latitude é media)de maneira moi rápida (en cuestión de horas) e de xeito moi intenso (con caídas de presión moi bruscas). No ano 1980 Sanders e Gyakum caracterizaron as cicloxéneses explosivas como aquelas nas que no seu centro a caída da presión é de aproximadamente 20 milibares en 24 horas (para latitudes coma a de Galicia).

Características editar

De xeito sinxelo pode explicarse a formación da cicloxénese explosiva como a combinación entre o afondamento dunha borrasca debido ao choque dunha masa de aire frío cunha de aire cálido e húmido, e as perturbacións do chorro polar (cinto de ventos máximos a unha altura aproximada de 9000 metros)

Caso do Xynthia editar

Artigo principal: Ciclón extratropical Xynthia.
Efectos da cicloxénese en Liáns (Oleiros).

Un exemplo da cicloxénese explosiva foi o Xynthia. O sábado 27 de febreiro de 2010 formábase unha depresión ou borrasca ao oeste das Illas Canarias cun centro de 990 mb de presión, Tan só 18 horas despois xa estaba situada no Cantábrico cun centro de 970 mb de presión. É dicir, en menos de 24 horas a presión descendeu 20 mb e a borrasca recorreu miles de km a moita velocidade. Ese sábado, en Galicia, houbo refachos de vento de máis de 130 km/h, chuvias intensas e temporal forte no mar, aínda que as consecuencias máis devastadoras chegaron a Francia con decenas de persoas falecidas.

Denominación editar

Os nomes que se lles poñen a estes fenómenos (como Klaus, Xynthia etc…) veñen do Departamento de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín, que lle permite a calquera persoa “apadriñar” ou dar nome a unha borrasca ou un anticiclón por un módico prezo. Eses cartos empregaranse en fins educativos. Estes nomes carecen de valor oficial para os organismos meteorolóxicos oficiais, pero son moi ben recibidos polo público e polos medios de comunicación.