Cicada 3301

Sociedade secreta

Cicada 3301 é o nome dunha enigmática organización que en seis ocasións publicou un conxunto de crebacabezas e xogos de realidade alternativa para recrutar decifradores de códigos do público.[1] O primeiro crebacabezas de Internet comezou o 4 de xaneiro de 2012, e estivo activo arredor dun mes. Unha segunda rolda comezou xusto un ano despois, o 4 de xaneiro de 2013, e a terceira rolda produciuse a través dun chío en Twitter xusto o 4 de xaneiro de 2014.[2][3] A intención declarada era recrutar "persoas intelixentes", presentando unha serie de crebacabezas que tiñan que ser resoltos, cada un en orde, para pasar ó seguinte. Non houbo crebacabezas publicados o 4 de xaneiro de 2015. Porén, un novo crebacabezas foi publicado en Twitter o 5 de xaneiro de 2016.[4][5] Os crebacabezas estiveron centrados en seguridade dos datos, criptografía e esteganografía.[1][6][7][8][9]

Foi chamado "o máis elaborado e misterioso crebacabezas da era de internet"[10] e está considerado como "un dos 5 mellores misterios sen resolver de internet" por The Washington Post,[11] e existen moitas especulacións do seu propósito. Entre estas posibles teorías, afírmase que poden ser ferramentas de recrutamento da NSA, CIA, MI6, ou dun cyber grupo mercenario.[1][7] Outras teorías din que Cicada 3301 é un xogo de realidade alternativa, pero o feito de que ningunha compañía ou individuo tomara o crédito ou tratara de monetizalo, combinado co feito de que ningunha persoa coñecida deu a coñecer que resolvera o crebacabezas, levou á a crer que non o é.[10] Outros din que é administrado por un banco que traballa en criptomoeda.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "The internet mystery that has the world baffled". Daily Telegraph. 25 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2013. 
  2. Bell, Chris. "Cicada 3301 update: the baffling internet mystery is back". Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de novembro de 2016. 
  3. Hern, Alex. "Cicada 3301: I tried the hardest puzzle on the internet and failed spectacularly". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2014. Consultado o 08 de novembro de 2016. 
  4. "Puzzle Image". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  5. 3301, Cicada. "Cicada 3301's new puzzle (Dead Image)". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 08 de novembro de 2016. 
  6. "Is mystery internet challenge a recruiting tool for the CIA?". Channel 4 News. 27 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Lipinski, Jed. Mental_Floss, ed. "Chasing the Cicada: Exploring the Darkest Corridors of the Internet". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2012. 
  8. Ernst, Douglas (26 de novembro de 2013). "Secret society seeks world's brightest: Recruits navigate ‘darknet’ filled with terrorism, drugs". The Washington Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2013. 
  9. Bell, Chris (7 de xaneiro de 2014). "Cicada 3301 update: the baffling internet mystery is back". The Telegraph. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Scott, Sam (16 de decembro de 2013). "Cicada 3301: The most elaborate and mysterious puzzle of the internet age". Metro. Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  11. Dewey, Caitlin (21 de maio de 2014). "Five of the Internet's eeriest, unsolved mysteries". The Washington Post. Consultado o 2 de maio de 2014. 

Véxase tamén editar