Chutney
Na cociña india o chutney ou chatni (do hindi "chatni") é unha variedade de especias doces e picantes, orixinarias do oeste da India. Trátase dun acompañamento moi popular na cociña india, sobre todo para os panipuris ou bolos de vento, e adoita estar acompañada doutros mollos de sabores semellantes como os encurtidos, papads ou raitas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Chutneys-001.jpg/220px-Chutneys-001.jpg)
Na lingua hindi, a palabra equivalente a ‘facer chatni’ emprégase comunmente como ‘esmagar’. Isto débese a que no proceso de elaboración do chutney é preciso esmagar diversos ingredientes.
En Europa e os Estados Unidos o chutney é máis familiar como produto envasado. Para este propósito engádeselle aceite vexetal, vinagre ou zume de limón, para potenciar as propiedades conservantes.
Tipos de chutney
editarÁ parte das diferentes variedades, as especias comúns empregadas adoitan ser a asafétida (chamada hing en hindi), o comiño, o coandro e a alforfa.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Weaver, William Woys: «Chutney» (páx. 417-418, no volume 1 da Encyclopedia of Food and Culture, de Solomon H. Katz (ed.), de 3 volumes. Nova York: Charles Scribner’s Sons, 2003.