Chuecatown
Chuecatown é un filme cómico español dirixido por Juan Flahn.
Chuecatown | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Chuecatown |
Director | Juan Flahn |
Produtor | Mariví de Villanueva |
Guión | Félix Sabroso Dunia Ayaso Juan Flahn |
Intérpretes | Pepón Nieto Pablo Puyol Concha Velasco Rosa María Sardà Mariola Fuentes Carlos Fuentes Eduard Soto Joan Crosas Pedro Veral Germán Tormo Angel Burgos Margarita Calatayud |
Música | David San José |
Fotografía | Juan Carlos Lausin |
Distribuidora | Filmax |
Estrea | 2007 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia, homosexualidade |
Na rede | |
Argumento
editarLeo (Pepón Nieto) e Rey (Carlos Fuentes) son unha parella gai de osos que viven no barrio madrileño de Chueca. Por outra banda, Víctor (Pablo Puyol) é o dono dunha inmobiliaria que pretende remodelar todo o barrio, e para conseguilo intentará asasinar a todas as vellas da zona para logo conseguir os seus pisos.
Víctor crúzase na vida da parella protagonista ao matar á súa veciña, da que resulta que Rey é o seu herdeiro. Intenta mercarllo piso, pero Rey quere destinalo para que o ocupe súa nai, Antonia (Concha Velasco), que odia a Leo e que ao ocupar a vivenda intentará separar por todos os medios a parella. Víctor aproveita este distanciamento para acercarse a Leo e deste xeito conseguir acceder libremente ao inmoble intentando infrutuosamente matar a Antonia.
A policía investiga os asasinatos crendo que se tratan de casos illados, excepto a inspectora Mila (Rosa María Sardá) unha muller excéntrica e cargada de fobias, que cre que están conectados porque as vítimas aparecen sempre esparexidas co mesmo perfume caro. Mais os seus superiores cren que está perturbada e apártana do caso. Mila, xunto o seu fillo Luis (Edu Soto), tamén policía, segue investigando pola súa conta, até que ao final lle acaba disparando ao asasino.