Chuchamel
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo chuchamel (zugamel ou chupamel) pódese referir a varias especies botánicas:
- En xeral a todas as madreselvas (rubideiras do xénero Lonicera); en especial:
- Ortiga morta ou lamio maculado (Lamium maculatum), planta herbácea perenne da familia das labiadas, de follas semellantes ás da estruga e flores de cor púrpura con forma de tubo curvado, que botan un recendo agradábel e que ao chuchalas saben a mel.
- Cerinta (Cerinthe major), planta herbácea da familia das boraxináceas, anual, glabra, de ata 50 cm, con follas ovovadas, amplexicaules, e característicos ramalletes pendurantes de grandes flores amarelas, cilíndricas, a miúdo cunha mancha castaña na base.
- Meliloto (Melilotus officinalis), especie herbácea pertencente á familia das leguminosas, que se cultiva como planta forraxeira.
- Anchusa officinalis, especie de planta medicinal pertencente á familia das boraxináceas, de flores azuis ou violetas.
- Oxalis pes-caprae, planta herbácea de flores amarelas da familia Oxalidaceae.