Chromobacterium violaceum

Non se debe confundir coa bacteria Janthinobacterium lividum, á que nalgún tempo tamén se lle deu o nome de Chromobacterium violaceum (Ford 1927, e Leifson 1956).

Chromobacterium violaceum

Cultivo en placa de ágar sangue de C. violaceum. Imaxe dos CDC.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Neisseriales
Familia: Neisseriaceae
Xénero: Chromobacterium
Especie: C. violaceum
Nome binomial
'Chromobacterium violaceum'
(Schröter 1872)

Chromobacterium violaceum é unha especie de bacterias gramnegativa, anaerobia facultativa, non esporulante e con forma de cocobacilo. Forma parte da flora bacteriana normal da auga e o solo de rexións tropicais e subtropicais do mundo. Produce un antibiótico natural chamado violaceína, que pode ser útil no tratamento do cancro de colon e outros cancros.[1] Crece facilmente en ágar nutriente, producindo distintivas colonias convexas baixas e lisas cun brillo metálico violeta escuro (debido á produción de violaceína). O seu xenoma completo foi publicado en 2003.[2] Ten a capacidade de degradar restos de petróleo vertidos no mar.[3]

Bioquímica editar

C. violaceum fermenta a glicosa, trehalosa, N-acetilglicosamina e gluconato pero non L-arabinosa, D-galactosa, nin D-maltosa. Os illados bacterianos en moitos casos poden presentar unha alta resistencia a unha ampla variedade de antibióticos.[4]

Importancia médica editar

C. violaceum raramente infecta a humanos, mais cando o fai causa lesións na pel, sepse, e abscesos no fígado, que poden ser mortais.[5] Na literatura só se informou de 150 casos.[6] Debe terse coidado ao identificala, porque Burkholderia pseudomallei é ás veces identificada erradamente como C. violaceum por moitos métodos comúns de identificación.[7][8] Porén, as dúas especies poden distinguirse doadamente en cultivo porque B. pseudomallei produce colonias grandes enrugadas, mentres que C. violaceum produce un distintitvo pigmento violeta.

C. violaceum produce de forma natural varios antibióticos:

Foi descrita como causante de infeccións en xibóns.[9]

Tratamento editar

A infección causada por C. violaceum é rara, polo que non hai ensaios clínicos que avaliasen os distintos tratamentos. Entre os antibióticos que foron utilizados con éxito contra ela están a pefloxacina,[10] ciprofloxacina, amicacina,[11] e co-trimoxazol.[12] Outros antibióticos que parecen ser efectivos in vitro son o cloranfenicol e a tetraciclina.[13] Por razóns teóricas, as infeccións non deberían responder ás penicilinas, cefalosporinas, ou aztreonam, aínda que os carbapenems como meropenem ou imipenem posiblemente funcionan.[14]

Xenoma editar

O xenoma completo desta especie foi secuenciado e os resultados foron publicados en 2003. A cepa tipo C. violaceum ATCC 12472 ten 4 751 080 pares de bases cun contido G+C do 64,83% e ten 4.431 ORFs.[2]

Notas editar

  1. Kodach, LL; Bos, CL; Durán, N; Peppelenbosch, MP; Ferreira, CV; Hardwick, JC (2006). "Violacein synergistically increases 5-fluorouracil cytotoxicity, induces apoptosis and inhibits Akt-mediated signal transduction in human colorectal cancer cells". Carcinogenesis 27 (3): 508–16. PMID 16344270. doi:10.1093/carcin/bgi307. 
  2. 2,0 2,1 Brazilian National Genome Project Consortium (2003). "The complete genome sequence of Chromobacterium violaceum reveals remarkable and exploitable bacterial adaptability". Proc Natl Acad Sci USA 100 (20): 11660–5. PMC 208814. PMID 14500782. doi:10.1073/pnas.1832124100. 
  3. Itah, A. Y.; Essien, J. P. (2005). "Growth Profile and Hydrocarbonoclastic Potential of Microorganisms Isolated from Tarballs in the Bight of Bonny, Nigeria". World Journal of Microbiology and Biotechnology 21 (6–7): 1317–22. doi:10.1007/s11274-004-6694-z. 
  4. de Siqueira IC, Dias J, Ruf H, Ramos EA, Maciel EA, Rolim A, Labur L, Vasconcelos L, Silvany C (2005). "Chromobacterium violaceum in siblings, Brazil". Emerging Infect. Dis. 11 (9): 1443–5. PMC 3310629. PMID 16229777. doi:10.3201/eid1109.050278. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2018. Consultado o 26 October 2014. 
  5. Sneath PH, Whelan JP, Bhagwan Singh R, Edwards D.; Whelan; Bhagwan Singh; Edwards (1953). "Fatal infection by Chromobacterium violaceum". Lancet 265 (6780): 276–7. PMID 13085740. doi:10.1016/S0140-6736(53)91132-5. 
  6. M Ravish Kumar. (2012). "Chromobacterium violaceum: A rare bacterium isolated from a wound over the scalp". Int J Appl Basic Med Res 2 (1): 70–2. PMC 3657989. doi:10.4103/2229-516X.96814. 
  7. Inglis TJ, Chiang D, Lee GS, Chor-Kiang L; Chiang; Lee; Chor-Kiang (1998). "Potential misidentification of Burkholderia pseudomallei by API 20NE". Pathology 30 (1): 62–64. PMID 9534210. doi:10.1080/00313029800169685. 
  8. Lowe P, Engler C, Norton R; Engler; Norton (2002). "Comparison of Automated and Nonautomated Systems for Identification of Burkholderia pseudomallei". J Clin Microbiol 40 (12): 4625–7. PMC 154629. PMID 12454163. doi:10.1128/JCM.40.12.4625-4627.2002. 
  9. Groves MG, Strauss JM, Abbas J, Davis CE; Strauss; Abbas; Davis (1969). "Natural infections of gibbons with a bacterium producing violet pigment (Chromobacterium violaceum)". J Infect Dis 120 (5): 605–610. PMID 5388196. doi:10.1093/infdis/120.5.605. 
  10. Lee J, Kim JS, Nahm CH, Choi JW, Pai SH, Moon KH, Chong Y; Kim; Nahm; Choi; Kim; Pai; Moon; Lee; Chong (1 June 1999). "Two Cases of Chromobacterium violaceum Infection after Injury in a Subtropical Region". J Clin Microbiol 37 (6): 2068–70. PMC 85035. PMID 10325383. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 02 de marzo de 2015. 
  11. Ray P; Sharma J; Marak RSK; et al. (2004). "Chromobacterium violaceum septicaemia from north India". Indian J Med Res 120 (6): 523–6. PMID 15654137. 
  12. Moore C, Lane J, Stephens J; Lane; Stephens (2001). "Successful treatment of an infant with Chromobacterium violaceum sepsis". Clin Infect Dis 32 (6): E107–10. PMID 11247733. doi:10.1086/319356. 
  13. Martinez R, Velludo MA, Santos VR, Dinamarco PV; Velludo; Santos; Dinamarco (2000). "Chromobacterium violaceum infection in Brazil. A case report". Rev Inst Med Trop Sao Paulo 42 (2): 111–3. PMID 10810326. doi:10.1590/s0036-46652000000200008. 
  14. Midani S, Rathore M; Rathore (1998). "Chromobacterium violaceum infection". South Med J 91 (5): 464–466. PMID 9598856. doi:10.1097/00007611-199805000-00011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar