O Christkind (Cristo Neno) é o personaxe lendario que segundo a cultura alemá trae agasallos aos nenos na noite do 24 ao 25 de decembro. É unha figura posterior a San Nicolao, creada coa Reforma protestante de 1535 onde Lutero impuxo a figura do mesmo neno Xesús como encargado de outorgar milagrosamente agasallos e unha árbore decorada entre os nenos protestantes durante a noite de Nadal, en base á crenza de que só Deus é capaz de outorgar a salvación, por medio da súa graza; a intercesión do papa, a Virxe María ou os Santos é inútil, de aí o rexeitamento ao seu culto e imaxe.[1]

O Christkind, 1893

Figura editar

O Christkind é a representación de Xesucristo como un meniño louro, con ás de anxo e vestido branco, que baixa ás casas dos nenos durante a noite a deixar agasallos. Non en tanto, desde que os anxos de todo tipo dentro da tradición europea foron representados comunmente por mulleres, o Christkind tamén adoptou unha aparencia feminina. Esta é a razón pola cal hoxe en día unha actriz é a encargada de representar ao Christkind na apertura do mercado de Nadal de Nürnberg.[2] Así mesmo é común a denominación popular de Christkind a todos os nenos nados no 24 de decembro.

Veneración editar

Esta figura é venerada no Leste de Europa baixos os nomes de Ježíšek en Chequia, Ježiško en Eslovaquia e Jézuska en Hungría [3]. Na época soviética iniciouse unha campaña para intentar desbancar a popularidade do Christkind en todas as súas formas polo Télapó, deidade eslava.[4] A tradición segue a ser a máis popular en Alemaña, e nos países da Europa Central próximos a súa órbita cultural como Liechtenstein, Suíza e Austria. Na República de Alemaña a súa constante celebración estendeu o uso do termo para referirse como Christkind tamén aos tradicionais mercados do Nadal do sur do país. Nunha paradoxal evolución da celebración o Christkind goza de boa saúde na actualidade nos estados federados católicos do sur, perante a un retroceso na figura nos estados protestantes do norte en favor da publicidade a Santa Claus recibida desde os países anglosaxóns.[5]. Na católica Austria a tradición chegou arredor de 1870 reemplazando á propia, consistente en antigas ofrendas aos espíritos gardián das casas.[6]. Na actualidade é motivo de debate entre cristiáns e laicos no país situando ao Christkind como salvagarda dos valores máis cristiáns [7].

Recóllese as denominacións de Menino Jesus de Natal en Portugal, El niño Jesús en Colombia e Le petit Jesus na Francia.[8]

Notas editar

  1. Reigosa, Antonio: "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal". Revista Criaturas Ed. Xerais, Vigo, 2011. (Ilustradora: Noemí López) (en galego)
  2. "Representación do Christkind en Nürnberg"(en inglés)
  3. "Ježíšek". Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. "Télapó na Europa do Leste"(en alemán)
  5. ""Weihnachtsmann ou Christkind"". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 02 de febreiro de 2019. 
  6. "Christkind en Viena"(en inglés)
  7. "Debate laico arredor do Christkind"
  8. ""O Neno Xesús deixando agasallos en Europa"". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2019. Consultado o 02 de febreiro de 2019. 

Outros artigos editar