Christian Dior

Deseñador de moda francés

Christian Dior, nado en Granville o 21 de xaneiro de 1905 e finado en Montecatini (Italia) o 24 de outubro de 1957, foi un deseñador de moda francés.

Christian Dior
Christian Dior 1954.jpg
Nacemento21 de xaneiro de 1905
Lugar de nacementoGranville
Falecemento24 de outubro de 1957 (52 anos)
Lugar de falecementoMontecatini Terme
Causaheart attack
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeFrancia
Alma máterInstituto de Estudos Políticos de París e Collège Stanislas (París)
Ocupacióngrand couturier, deseñador de moda, empresario e desenhador de joias
PaiMaurice Dior
NaiMadeleine Dior
IrmánsCatherine Dior
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
https://www.dior.com
IMDB: nm0228039 Allocine: 36186 Allmovie: p87853 IBDB: 24809
Discogs: 5491333 WikiTree: Dior-6 Find a Grave: 6749 Editar o valor em Wikidata
Signature de Christian Dior - Archives nationales (France).jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Christian Dior foi educado polo servizo diplomático na École des Sciences Politiques de París. Logo, comezou a traballar na industria da moda. Dior fixo esbozos para Robert Piguet, o gran deseñador parisiense da época.

En 1946, apoiado polo magnate téxtil (Marcel Boussac, o "rei do algodón"), estableceu o seu principal casa de costura en París. En vinte anos expandió o seu negocio a 15 países e empregaba a máis de 2.000 persoas.

Dior é especialmente coñecido polo estilo "New Look" de 1947 (sobrenome dado por unha xornalista americana): ombreiros torneados, cintura fina cunha saia ampla en forma de corola a vinte centímetros do chan. Os seus modelos representan a elegancia clásica, dando valor a unha imaxe feminina. Despois da súa morte, a casa Dior continuou con outros deseñadores, Yves Saint Laurent, Marc Bohan, Gianfranco Ferré, John Galliano, Raf Simons e Maria Grazia Chiuri.[1]

NotasEditar

  1. Quino Petit (3-6-2017). "Sidney Toledano, el emperador de Dior". El País Semanal (en castelán). Consultado o 24-3-2018.