Chen Qiufan (chinés simplificado: 陈楸帆; pinyin: Chén Qīufān), nado en Shantou no 1981, é un escritor e guionista chinés de ciencia ficción.[1] É vicepresidente de Identidade e Marca de Comunicacións de Noitom, empresa emerxente de realidade virtual e captura de movemento. Tamén é coñecido polo alcume de Stanley Chan.[1]

Infotaula de personaChen Qiufan

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Shantou, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Beijing Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia ficción, actividade literaria e literatura de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor de ciencia ficción , editor colaborador , escritor , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webchenqiufan.cn Editar o valor em Wikidata
Facebook: scifivan Twitter: ChenQiufan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Liu Cixin, escritor considerado pola crítica como o autor máis famoso de ciencia ficción na China, declarou sobre a obra Marea tóxica, 荒潮 (2013), a primeira novela de Qiufan (publicada en chinés en 2013, e en inglés e español no 2019) que é ≪a obra cumio da ciencia ficción de futuro próximo≫.[2]

Chen foi galardoado con numerosos premios literarios, entre eles o Dragon Fantasy Award de Taiwán e o Yinhe e o Xingyun chineses. No referente a traducións ao inglés, os seus contos aparecen en revistas como Clarkesworld, Pathlight, Lightspeed, Interzone e The Magazine of Fantasy & Science Fiction. ≪O peixe de Lijiang≫, 丽江的鱼儿们, (2006) gañou o Science Fiction and Fantasy Translation Award en 2012 e o ≪Ano da Rata≫, 鼠年, (2009) incluíuse na antoloxía The Year's Best Weird Fiction: Volume One seleccionada por Laird Barron. Estes dous contos, amén dun terceiro, poden lerse en Planetas invisibles.

≪A chegada da luz≫, 开光 (2012) trata sobre o absurdo da vida dunhas elites tecnosociais gobernantes en Pequín.≪Historias das enfermidades futuras≫ 未来病史 (2012) enmárcase na ciencia ficción escura. En ambas obras o Estado chinés non se presenta como todopoderoso, porén é a poboación á que se critica como apática, amoral ou ignorante da súa propia historia.

Con formación en Literatura e Marketing Chen Qiufan traballou en Baidu e Google China ata 2017.

Traducións editar

  • Chen, Q. (2019a). Contaminación. Tradución directa ao castelán de Iris Capilla Campoamor. ¡Hjckrrh! ISBN 9788494864827
  • Chen, Q. (2019b). Marea tóxica. Tradución mediada do inglés ao castelán de David Tejera. Nova. ISBN 9788417347482
  • Varios autores (2017). Planetas invisibles. Edición de Ken Liu. Tradución mediada do inglés ao castelán de David Tejera e Manuel de los Reyes. Runas. ISBN 9788491048336
  • Varios autores (2020). Estrellas rotas. Edición de Ken Liu. Tradución mediada do inglés ao castelán de María Pilar San Román. Runas. ISBN 9788491819240

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "SFE: Chen Qiufan". sf-encyclopedia.com. Consultado o 2023-12-04. 
  2. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 375–. ISBN 978-84-9181-924-0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 陈楸帆 (La literatura china traducida en España)