Pobo cheyenne

(Redirección desde «Cheién (pobo)»)

Os cheyennes[3] ou cheiéns[4][5] son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheyenne está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome "cheyenne" deriva dunha palabra en lingua síux que significa 'Pequeno Cree'.

Pobo cheyenne
Fotos de cheyennes.
Poboación
Poboación total:
Norte: 10 840[1]
Sur: 12 130[2]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos)22 970
Aspectos culturais
LinguaLingua cheyenne, sinais dos indios das chairas e inglés
RelixiónRelixión tradicional, cristianismo, outras
Grupos
relacionados
Arapaho e outros pobos algonquinos

Historia editar

Antes de seren internados en reservas, os cheyennes eran aliados dos arapaho e os lakota (síux). A nación cheyennes comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.

Na actualidade, os cheyennes do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheyennes do sur, xunto cos arapaho do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.

Xefes famosos editar

Idioma editar

Tanto os cheyennes de Montana como os de Oklahoma falan a lingua cheyenne, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. A lingua cheyenne forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas máis próximos ó cheyenne son o arapaho e o ojibwa (chippewa).

 
Poboado Cheyenne

 

Encontro dunha danza do sol cheyennes, c. 1909.


Notas editar

  1. "Northern Cheyenne Tribe website". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  2. Oklahoma Indian Affairs. Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory. Arquivado 11 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. 2008:7
  3. Definición de cheyenne* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. 
  5. Hermida Borrajo, Xosé Avelino; López Martínez, María Cruz (2006). "cheyene-cheién". Gran dicionario século 21. Editorial Galaxia. p. 139. ISBN 9788482893549. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar