Charnego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2021.) |
Charnego (do catalán xarnego, e este do castelán 'lucharniego'[1]) é un adxectivo despectivo[2] utilizado en Cataluña entre os anos 50 e 70 para referirse ás persoas inmigrantes[3] que viven no territorio catalán e que proceden, polo xeral, doutros territorios españois de fala non catalá.[4] Dentro de Cataluña o termo xeralmente non está aceptado aínda que algúns castelán-falantes úsano para referirse a si mesmos,[5][6][7] facendo que perda as súas connotacións insultantes. Neste sentido, co termo charnego sucedeu algo parecido a con outro termo orixinalmente pexorativo, polaco, usado en España para referirse a unha persoa de Cataluña, que pasou a estar aceptado.
Historia
editarInmigración en Cataluña
editarDurante o século XVI produciuse en Cataluña unha forte inmigración francesa, sobre todo occitana e gascoa. A estes denominábaselles gavachos ou gavatxos. No País Valenciano tamén se usaba a denominación xarnego para referirse á mestura de valenciano con castelán, e así se denominaba aos murcianos, sendo un apelativo máis agarimoso que despectivo. Nos anos 1950 e 1960, cunha forte inmigración castelánfalante proveniente do resto de rexións españolas, estendeuse o seu uso para referirse de forma despectiva aos novos residentes. Francisco Candel describe a situación en Los otros catalanes (1964). Máis tarde el mesmo se autodefine como Un charnego en el senado (1979).
Reivindicación do termo
editarA palabra "charnego" sempre tivo un carácter despectivo, máis relacionado coa lingua que coa orixe xeográfica, e hoxe varias personalidades decláranse charnegas (de orixe non catalá ou ascendentes non cataláns) reivindicando unha situación de normalidade social. Actualmente, o insulto perde a súa carga pexorativa cando se emprega en castelán; con todo, algunhas persoas consideran o termo despectivo, racista e xenófobo. Úsase despectivamente para referirse ás persoas que viven en Cataluña e proceden doutras rexións (o cal normalmente é o seu uso común). Hai algúns anos chamábase catalán charnego ao nado en Cataluña fillo de pai ou nai non nado en Cataluña.
Notas
editar- ↑ Charnego no DRAE.
- ↑ Xarnego en Enciclopèdia.cat.
- ↑ Más del 60% de la población de Cataluña es fruto de los flujos inmigratorios de este siglo. El País, 2 de outubro de 1999.
- ↑ Montserrat Clua i Fainé, Catalanes, inmigrantes y charnegos: "raza", "cultura" y "mezcla" en el discurso nacionalista catalán, Revista de Antropología Social, ISSN 1131-558X, Nº 20, 2011, páxs. 55-75.
- ↑ "Gabriel Rufian: "soy lo que llaman un charnego y soy independentista"".
- ↑ "Jordi Sevilla: Montilla, no podrá ser candidato, es muy pronto para un 'charnego'".
- ↑ "“Yo también soy charnego, ¡y qué!” Festival de Cultura Txarnega".