Charlie Patino

futbolista inglés

Charlie Michael Patino, en ocasións escrito Charlie Patiño[1], nado en Watford o 17 de outubro de 2003, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Blackpool, do Championship, cedido polo Arsenal.

Charlie Patino
Charlie Patino October 2019.jpg
Información persoal
Nome Charlie Michael Patino
Nacemento 17 de outubro de 2003
Lugar de nacemento Watford
Altura 1,82 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Blackpool
Número 28
Carreira xuvenil
–2011 St. Albans City
2011–2015 Luton Town
2015–2021 Arsenal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– Arsenal 0 (0)
2022– Blackpool 1 (0)
Selección nacional
2018 Inglaterra sub-15 5 (0)
2018–2019 Inglaterra sub-16 8 (2)
2019 Inglaterra sub-17 3 (0)
2021– Inglaterra sub-19 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de agosto de 2022.
Selección: actualizado a 21 de decembro de 2021.editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Watford, comezou a xogar ao fútbol no St. Albans City, pasando aos sete anos ao Luton Town.[2][3] Atraeu a atención dos medios de comunicación xa con 11 anos, cando despois de recibir ofertas dos principais clubs ingleses, foi trapasado por 10.000 libras ao Arsenal.[4][5] Subiu rapidamente polas diferentes categorías inferiores do club, e con só 14 anos xa destacaba no equipo sub-18.[6]

En outubro de 2020 asinou o seu primeiro contrato profesional co Arsenal.[7] Ese mesmo mes, foi incluído na lista "Next Generation" 2020 de The Guardian, como un dos mellores xogadores novos dos equipos da Premier League.[8]

O 21 de decembro de 2021 debutou co primeiro equipo do Arsenal na vitoria por 5-1 contra o Sunderland na EFL Cup, marcando o quinto gol dos Gunners no tempo de desconto, pouco despois de entrar como substituto de Emile Smith Rowe.[9]

Para a tempada 2021/22 saíu cedido ao Blackpool, club do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[10]

Selección inglesaEditar

Foi internacional coa selección inglesa nas categorías sub-15, sub-16, sub-17 e sub-19. Elixible por España pola súa ascendencia paterna, a Real Federación Española ofreceulle xogar na selección española.[3][11][12]

Vida persoalEditar

Seu pai, Julio Patiño, é fillo de dous emigrantes galegos que se instalaron en Inglaterra na década de 1960. Súa avoa paterna é natural do lugar cambrés de Lema, mentres que seu avó naceu na praza de España da Coruña.[13]

Durante a súa infancia visitaba asiduamente Galicia xunto coa súa familia, e acudía a Riazor con seu pai, afeccionado do Deportivo da Coruña, especialmente durante a disputa do Trofeo Teresa Herrera.[13]

NotasEditar

  1. "O galego Charlie Patiño ameaza con revolucionar a mellor liga do mundo". NosDiario. 22 de decembro de 2021. 
  2. Small, Aidan (17 de xuño de 2021). "Young Gun: Charlie Patino" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Who is Charlie Patino? The Arsenal wonderkid who looks ready for role under Mikel Arteta after making senior debut and bagging first goal for Gunners against Sunderland in Carabao Cup" (en inglés). 22 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  4. "Arsenal win the race to sign 11-year-old wonderkid Charlie Patino". The Guardian (en inglés). 15 de maio de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  5. "Charlie Patino: Arsenal's teenage wonderkid scores on debut". BBC (en inglés). 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  6. "Chelsea sub-18 2-2 Arsenal sub-18". arsenal.com (en inglés). 9 de maio de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  7. Simmonds, Mike (22 de outubro de 2020). "Ex-Hatters youngster Charlie Patino signs a first pro deal with Arsenal" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  8. "Next Generation 2020: 20 of the best talents at Premier League clubs". The Guardian (en inglés). 7 de outubro de 2020. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  9. "Charlie Patiño debuta y marca en el pase del Arsenal a semifinales de la Carabao". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  10. "Arsenal, Charlie Patino cedido al Blackpool" (en castelán). 4 de agosto de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  11. "Spain to battle England for Arsenal youngster Charlie Patino’s international future" (en inglés). 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  12. "England & Spain battle for international allegiance of Arsenal's Charlie Patino" (en inglés). 21 de setembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  13. 13,0 13,1 Miranda, Carlos (12 de novembro de 2020). "Charlie Patiño, sangre coruñesa a las puertas de la Premier League". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar