Charles Lynch

político estadounidense

Charles Lynch, nado en 1736 e finado o 29 de outubro de 1796, foi un xuíz do Estado de Virxinia, Estados Unidos.

Charles Lynch
Governor Charles Lynch, June 12, 1833 to Nov. 20, 1833, June 7, 1836 to Jan. 8, 1838 (14122989825).jpg
Nacemento1736
 Colônia da Virgínia
Falecemento29 de outubro de 1796
 Condado de Pittsylvania
NacionalidadeEstados Unidos de América, Trece Colonias e Estados Confederados de América
Ocupaciónavogado, político, xuíz e slaveholder
IrmánsJohn Lynch
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Charles Lynch naceu en Virxinia, descendente dos cuáqueros inmigrantes de Irlanda. A cidade de Lynchburg foi chamada así por un dos membros da súa familia, probablemente polo seu irmán John. A súa esposa Anne Terell era unha cuáquera de nacemento, e seus cinco fillos foron criados como cuáqueros.

Lynch serviu na House of Burgesses entre 1769 e 1778, cando se converteu en Coronel de Milicia. Despois da Revolución foi Senador en Virxinia entre 1784 e 1789.

Durante a Revolución Americana encabezou unha corte irregular en Virxinia para castigar os leais partidarios dos Británicos. En 1780 ordenou a execución dunha banda de conservadores (tories) sen dar lugar a xuízo.

Esta acción deu lugar ao que se coñeceu como a "Lynch Law" ou lei de Lynch. De aí vén a palabra linchamento e o verbo linchar.


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.