Charles Bémont
historiador francés
Charles Bémont, nado en París o 16 de novembro de 1848 e finado 21 de setembro de 1939 en Croissy-sur-Seine, foi un historiador francés.
Traxectoria
editarEn 1884 graduouse con dúas teses, Simon de Montfort, comte de Leicester e La Condamnation de Jean Sansterre (Revue historique, 1886). A súa Chartes des libertés anglaises (1100-1305) (1892) foi un traballo fundamental para o coñecemento da Carta Magna. Escribiu tamén unha historia de Europa durante a Idade Media, Histoire de l'Europe au moyen âge 395-1270 en colaboración con Gabriel Monod (1896).
Foi tamén responsable da continuación do Catalogue des Rolles Gascons que comezara Francisque Xavier Michel en 1885.