Chandelier (canción)

Canción de Sia
«Chandelier»
sinxelo de Sia
do álbum '1000 Forms of Fear'
Lanzamento 17 de marzo de 2014
Formato Sinxelo en CD e descarga dixital
Gravada 2013
Xénero musical Electropop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:36
Discográfica Monkey Puzzle e RCA Records
Produtor(es) Greg Kurstin e Jesse Shatkin
Escritor(es) Sia Furler e Jesse Shatkin
Cronoloxía
«"Elastic Heart «Chandelier» «"Guts Over Fear
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Chandelier" é unha canción da cantante australiana Sia, procedente do seu álbum de 2014 1000 Forms of Fear. Escrita por Sia e Jesse Shatkin e producida por Shatkin e Greg Kurstin, a canción foi lanzada o 17 de marzo de 2014 como sinxelo do álbum. O seu estilo é unha mestura de electropop con música electrónica, R&B e influencias do reggae.

Vídeo musical editar

O vídeo musical da canción foi dirixido por Sia e por Daniel Askill, mentres que a coreografía é de Ryan Heffington. Foi lanzado o 6 de maio de 2014 e nel aparece a nova bailarina Maddie Ziegler levando unha perruca loura de Sia e interpretando a coreografía nun piso baleiro. "Chandelier" recibiu dous nomeamentos aos MTV Video Music Awards nas categorías do Mellor Vídeo do Ano e Mellor Coreografía, gañando o segundo.[1][2]

O 5 de decembro de 2014 acadou o nomeamento aos Premios Grammy ao Mellor Vídeo Musical.[3] O vídeo axiña se fixo viral en YouTube, converténdose no sétimo vídeo musical máis visto de 2014 con máis de 400 millóns de visualizacións.[4]

Notas editar

  1. Gallo, Phil. Billboard, ed. "Beyoncé Leads MTV VMAs With 8 Nominations". Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  2. MTV News (ed.). "Here's Your Full List Of 2014 VMA Winners". Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  3. Grebey, James. Spin, ed. "Grammys 2015 Nominees: Sam Smith, HAIM, Iggy Azalea, and More". Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  4. Ayers, Mike. The Wall Street Journal, ed. "Katy Perry's 'Dark Horse' Is the Most-Watched YouTube Music Video of 2014". Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar