Chaguaní
concello do departamento de Cundinamarca, Colombia
Chaguaní é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Magdalena Centro, a 121 km de Bogotá. Chaguaní é coñecido como «A Terra de Cupido» polo "Festival do Solteiro" que se realiza no mes de maio.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 142 km² | |||
Altitude | 1.200 m | |||
Páxina web | chaguani-cundinamarca.gov.co… |
Toponimia editar
O topónimo de Chaguaní, en lingua panche, significa «home do cerro de ouro».
Historia editar
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Chaguaní estivo habitado polos panches, cuxas terras foron conquistadas por Hernán Venegas Carrillo en 1543, de paso para Mariquita. O poboado colonial foi fundado o 6 de agosto de 1770 polo pai dominico frei José Ledo.[2]
Notas editar
- ↑ «En Chaguaní, solteros por decreto». Diario El Tiempo (27 de maio de 2008).
- ↑ "Sitio Oficial del Municipio de Chaguaní - Información general - Historia". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina oficialArquivado 02 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)