Chacinaría

(Redirección desde «Chacinería»)

A chacinaría[1][2] ou chacinería é aquela carnizaría especializada na comercialización dos produtos da carne de porco e os seus subprodutos: friames e embutidos.[3] Adóitanse vender nestes establecementos: salchichas, salchichóns, chourizos, salame, xamón en diferentes formatos. Caracterízanse por ter un mostrador transparente e xeralmente acondicionado no que se amosan ó público os produtos á venda.

Estante dunha chacinaría alemá no concello de Versmold.
Mostrador dunha chacinaría típica en Valencia.

A chacinaría é parte do repertorio de garde manger dun cociñeiro. Orixinalmente desenvolvida co propósito de preservar a carne antes da refrixeración, na actualidade son preparados polos seus aromas e sabores derivados dos procesos de preservación e dos ingredientes e formas de preparación.[4]

En moitos países, nestes establecementos non só se expenden friames e embutidos varios, senón tamén derivados lácteos (principalmente queixos).

  1. Definición de chacinaría no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Ruhlman, 18.; The Culinary Institute of America, 3.
  4. Ruhlman, 19.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar