Gabeador norteño

(Redirección desde «Certhia familiaris»)

O gabeador norteño (Certhia familiaris) é un paxaro de pequeno tamaño da familia dos gabeadores (Certhiidae).

Gabeador norteño

Subespecie C. f. macrodactyla ou C. f. familiaris


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Certhiidae
Xénero: Certhia
Especie: C. familiaris
Nome binomial
'Certhia familiaris'
Linnaeus, 1758
Verde – residente todo o ano Azul – inverno Maxenta – subespecie
Verde – residente todo o ano
Azul – inverno
Maxenta – subespecie

Verde – residente todo o ano
Azul – inverno
Maxenta – subespecie

Descrición editar

Os gabeadores norteños están entre as aves máis pequenas de Europa e son moi semellantes os gabeadores comúns. Dos que é moi difícil diferencialos a.simple vista . Miden entre 12 e 13 cm., e pesan .uns 9 gramos. O seu bico, aguzado e curvado cara a abaixo, mide de 12 a 14 mm. A cola é relativamente longa, medindo ata 5 cm. A plumaxe é branca na parte inferior do corpo; na superior e da cor da casca das árbores. Teñen unha marca superciliar branca . Femias e machos son semellantes de aspecto. Os gabeadores norteños poden vivir ata sete anos.

As subespecies hodgsoni, mandellii e khamensis, da beira sur do Himalaia, foron clasificadas recentemente dentro dunha especie separada , o gabeador de Hodgson (C. hodgsoni) (Tietze et al., 2006).

Distribución e hábitat editar

Viven en boa parte da Europa temperada e en partes de Asia. En xeral máis ó norte có gabeador común, co que, por´rn, coinciden nunha ampla zona da Europa occidental. É a única especie de gabeador presente nas illas Británicas e en máis de Escandinavia.

Viven en zonas boscosas, con preferencia polos bosques de coníferas ou os mixtos Nas zonas onde ámbolos dous coinciden, o gabeador común adoita preferir as coníferas.

Alimentación editar

Buscan insectos e outros artrópodos que atrapan co bico (especialmente xeitoso para este tipo de tarefa) entre a casca das árbores agatuñando en espirais polos troncos.

Reprodución editar

Maduran sexualmente ó ano de idade. A época reprodutora va ide marzo a xullo. Fan un niño de coteliños, musgo, pelos de mamífero e plumas, agochado entre cascas soltas das árbores. Poñen entre 5 e oito ovos, que chocan nas femias unhas dúas semanas. Os polos tardan 14 ou 15 días en deixa-lo niño, pero son coidados polos pais aínda durante un tempo.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Biografía editar

  • Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity. Ibis 148 (3): 477-488

Ligazóns externas editar

O gabeador norteño na "Lista vermella de especias amenazadas"" da IUCN