Premio Vidal Bolaño
certame literario galego
(Redirección desde «Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño»)
O Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño é un premio convocado pola Editorial Galaxia e o equipo de dinamización lingüística do IES Ribeira do Louro e colaboración do Concello do Porriño desde o ano 2018. Recoñece a figura de Roberto Vidal Bolaño.
O obxectivo do premio é animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, ao alumnado da ESO e Bacharelato. O Ten unha dotación económica de 2000 € para o gañador/a e a publicación da obra na colección Costa Oeste de editorial Galaxia.[1]
Obras premiadas
editar- 2018: A derradeira bala de Fernando Castro Paredes.
- 2019: A sombra das árbores de Ana Abad de Larriva.[2]
- 2020: A cámara escura de José Luís Baños de Cos.
- 2021: Casa de feras de Edgar Costas.
- 2022: Lume de José Luís Baños de Cos.
- 2023: deserto
- 2024: Fóra de campo de Rosalía Fernández Rial.[3]
Notas
editar- ↑ "Fernando Castro Paredes gaña o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño". Editorial Galaxia. 4 de xuño de 2018. Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Unha “peza teatral aberta” de Ana Abad gaña o II Premio Vidal Bolaño". Sermos Galiza. 18 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ Rosalía Fernández Rial obtén o VII Premio Vidal Bolaño