Cephalotaxus
Cephalotaxus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cephalotaxus harringtonia | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto. |
Cephalotaxus, os cefalotaxos, é un xénero de coníferas que comprende 11 especies, tratada na familia Cephalotaxaceae, ou en Taxaceae cando a familia é considerada nun máis amplo sentido. É orixinario do leste de Asia, aínda que evidencias fósiles atribúense unha máis ampla distribución no Hemisferio Norte no pasado.
Descrición
editarAs especies son arbustos e pequenas árbores perennifolias que acadan de 1–10 m (raramente 20 m) de altura. As follas están dispostas en espiral nos gomos, son sinuosas na base e apóiase en dúas ringleiras planas (agás o erecto gomo principal), son lineais, de 4–12 cm de longo e 3–4 mm de largo, de textura lene, cunha punta roma, o que axuda a distinguilos dos xéneros relacionados Torreya, que ten as follas con punta.
As especies pode ser monoicas ou dioicas, cando son monoicas, o cono macho e o cono femia están a miúdo en diferentes pólas. O macho (pole) de 5–8 cm de longo, agrupados ao longo da parte inferior. A femia (semente) son individuais ou agrupados xuntos en 2-15 talos curtos; pequenos ao principio, e que madurecen en 18 meses a unha drupa de estrutura coma de noz, coa semente de 1.5–4 cm de longo, arrodeada por unha cuberta carnosa, de cor verde ou púrpura en plena madureza. A dispersión natural disque é axudada por especies de esquíos que soterran as sementes coma fonte de alimento para o inverno, as sementes que deixaron sen comer son quen de xermolaren.
Especies
editarDe acordo cos estudos de marcadores moleculares, as especies do xénero son:[1]
Notas
editar- ↑ Hao, D.C. and Xiao, P.G. and Huang, B.L. and Ge, G.B. et Yang, L. (2008). "Interspecific relationships and origins of Taxaceae and Cephalotaxaceae revealed by partitioned Bayesian analyses of chloroplast and nuclear DNA sequences". Plant Systematics and Evolution (Springer) 276 (1): 89–104.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Cephalotaxus |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cephalotaxus |