Centros de Formación e Recursos

rede galega de centros de formación

Os Centros de Formación e Recursos (CFR ou CEFORE) constitúen un órgano dependente do servizo de Formación do Profesorado da Xunta de Galicia para a formación permanente do profesorado, o intercambio de experiencias e a reflexión sobre os procesos educativos e a dinamización pedagóxica dos centros educativos que pretende contribuír á mellora da calidade no ensino. En 1999 os CFR substituíron os CEFOCOP (Centros de Formación Continuada do Profesorado), e neles integráronse os CERES (Centros de Recursos).

Na actualidade o territorio galego divídese nos CFR de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela, que contan con seccións en diversas vilas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar