Centro Pai Menni

centro de asilo en Betanzos

O Centro Pai Menni é un centro de acollida situado en Betanzos, inaugurado en 1923 como Refugio para niñas anormales.

Centro Pai Menni
Tipoasilo
EnBetanzos
PaísGalicia
43°16′15″N 8°13′01″O / 43.270717658555, -8.2170723221098
Na rede
https://paimenni.org/gl/atencion-integral-a-personas-con-diversidad-funcional-galego/
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Está situado na zona do Coto, subindo do barrio das Cascas cara á Infesta (Betanzos).

Naceu coa función de acoller nenas enfermas, orfas e con discapacidades físicas nunhas instalacións que combinaban asilo e escola. Dende a súa inauguración foi confiado ás Irmás Hospitalarias do Sagrado Corazón. Na década de 1960, co cambio das necesidades sanitarias, transfórmase no Instituto Médico-Pedagóxico da Nosa Señora do Sagrado Corazón para deficientes mentais.

Aínda que moi transformado, o edificio segue contando con detalles do edificio orixinal como os murais bíblicos que existen na súa entrada ou as estatuas dun músico e un home cun can na parte alta do recinto.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar